Visita ao campus de Ferrol

Percorrido xeral

  • Para o alumnado de 3º e 4º curso da ESO, de bacharelato e de formación profesional.
  • Visitas: os venres desde o 8 de febreiro de 2019 ata o 26 de abril de 2019.

Percorrido por rama de coñecemento

  • Para o alumnado de bacharelato e ciclo superior de formación profesional
  • Visitas: os xoves do mes de febreiro

Percorrido personalizado por titulación 

  • Exclusivamente para o alumnado de 2º curso de bacharelato e de ciclo superior de formación profesional, cun máximo de 4 titulacións e 15 alumnos/as por titulación.
  • Visitas: os meses de marzo, abril e maio

Percorrido aos centros tecnolóxicos

Este centro de investigación está situado no campus de Ferrol.

Os laboratorios a visitar son seis: Canal de Ensaios, Plásticos, Láser, Combustibles, Química, Mecánica de Fluídos.

Pódense adaptar as visitas aos laboratorios segundo a especialidade e a rama de coñecemento do estudantado. Visitas aos laboratorios

    Visitas para o alumnado de:

  • 3º e 4º curso da ESO de febreiro a abril. Visita este enlace.
  • bacharelato e formación profesional: soamente os días 22 e  23 de xaneiro de 2019 (martes e mércores).

número de xornadas: dúas por día
duración de cada xornada: 01:30 horas
horario de: 10:30 a 12:00 horas e de 12:00 a 13:30 horas
máximo de asistentes por xornada: 60/75

Solicitude da visita a través do correo electrónico sape.difusion@udc.es

Percorrido á clínica podolóxica 

  • Visitas os luns dende o día 11/02/2019 ata o día 11/03/2019 (ambas os dous inclusive). A duración será aproximadamente dunha hora entre as 09:00 e as 13:00 horas para un máximo de 20/25 alumnos/as.
  • Formulario de preinscrición á clínica podolóxica
  • Avaliación da visita á clínica podolóxica