Futuros estudantes de grao da UDC

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), organiza para as tres universidades do Sistema Universitario Galego, SUG, as probas de acceso á Universidade (ABAU) e o proceso de admisión no 1º curso das titulación de Grao (Preinscrición): www.ciug.gal

Convocatoria e calendario das  probas ABAU 2019

Notas de corte e prazas ofertadas para o curso 2018/2019

Táboa de ponderacións acceso 2019/2020

 

Titulacións de grao da UDC para o curso 2018/2019

Oferta da UDC con notas de corte do curso 2018/2019
Oferta da UDC por ramas de coñecemento con indicación do prezo público de matrícula
Acceso

Requisitos de acceso

ABAU: calendarios e indicacións básicas

Admisión e matrícula: Calendarios e indicacións básicas
Matrícula na UDC 2019/2020
Calendario Académico
Bolsas/Axudas/Premios
Guia do Estudante na UDC

 

Acceso 

Requisitos de acceso

Para estar en condicións de solicitar praza é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos de acceso establecidos no art. 3 do RD 412/2014:

  • ABAU

Estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente e superar a proba de acceso á universidade.

  • Ciclo Superior FP

Posuír un título de técnico superior de formación profesional, ensino de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior ou títulos equivalentes.

  • Titulados Universitarios

Posuír un título universitario oficial de grao, un título dos correspondentes á anterior ordenación do ensinos universitario (diplomado, licenciado, enxeñeiro etc.) ou títulos equivalentes.

  • Maiores de 25 años e maiores de 45 años

Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e a proba para maiores de 45 anos.

  • Estudos Estranxeiros

Dispoñer do bacharelato homologado ou credencial da UNED. Máis información

  • Outros

Estar en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións educativas anteriores á Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, non contempladas nos apartados anteriores.

ABAU (Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade)

 
Calendario de Matrícula: Convocatoria xuño Convocatoria xullo
Anticipada Pendente Publicación  
Prematrícula (nos centros de secundaria)    
Nos LERD (polos centros)    
  
Calendario de Desenvolvemento ABAU 2019 Xuño 2019 Xullo 2019  
Realización da ABAU 12,13 e 14 de xuño 10,11 e 12 de xullo  
Publicación das cualificacións provisionais Pendente Publicación    
Solicitude de reclamación e 2ª corrección      
Resolución de reclamacións e 2ª correción      
Solicitude de revisión á 2ª correción      
Publicación das cualificacións definitivas      

 

A superación da Parte Obrigatoria da proba ABAU terá validez indefinida. Os estudantes poderán presentarse a Parte Obrigatoria da proba ABAU en sucesivas convocatorias para mellorar a súa cualificación. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.
Aos efectos da súa ponderación, a cualificación das materias da Parte Voluntaria e da materia troncal de modalidade da Parte Obrigatoria terá validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á superación destas; por exemplo, para aqueles que as superasen na convocatoria Ordinaria e Extraordinaria de 2019, a nota das materias da Parte Voluntaria e da materia troncal de modalidade da Parte Obrigatoria terá validez para o acceso á universidade nos cursos 2019-2020 e 2020-2021.
Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación de calquera das materias da Parte Voluntaria. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.
Nas sucesivas convocatorias a proba realizarase na universidade pública á que estea adscrito, aos indicados efectos, o centro de educación secundaria no que se superase o segundo curso de bacharelato ou na universidade á que estea adscrito o instituto de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.

Información na CIUG


Admisión e matrícula

Solicitude de admisión (preinscrición) 2019
Preinscrición Convocatoria xuño Convocatoria xullo
Anticipada Pendente Publicación  
Ordinaria    
Extraordinaria (1)    
Titulados universitarios (2)    

(1) para alumnado que aprobe as ABAU despois da reclamación á segunda corrección
(2) da convocatoria ordinaria de 2019 que teña feito o depósito do título

Alumnado admitido

 Quenda presasignación de prazas Listaxe admisión Prazo de matrícula
Pendente Publicación    
     
     
     


Cota de reserva para colectivos

Colectivo Porcentaxe
Titulados Universitarios 1 %
Discapacitados (igual ou superior ao 33%) 5 %
Deportistas de alto nivel ou alto rendemento

3 % (Fisioterapia e CC. Actividade Física e do Deporte 8%)

Maiores de 25 anos 2 %
Maiores de 45 anos 2 %

 A solicitude de acceso poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establezan (NERTA) ou entregándoa debidamente cuberta nos LERD.
Cada alumno/a poderá presentar un único impreso de solicitude, no que indicará -por orde de preferencia- ata un máximo de cinco titulacións diferentes nas que desexa matricularse, podendo chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros.
É fundamental a orde de preferencia, posto que o alumno/a será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que acade a nota do último alumno admitido. Unha vez admitido nunha titulación, o resto das titulacións solicitadas de menor preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.
É imprescindible indicar correctamente o código das titulacións ás que se solicita acceso, xa que a asignación de prazas se leva a cabo informaticamente a partir deste código que indica o nome da titulación e o campus no que se imparte.
Na convocatoria extraordinaria non se ofertarán prazas nas ensinanzas universitarias que teñan a matrícula cuberta na convocatoria ordinaria, ou aquelas nas que a CIUG considere que existen datos obxectivos que permitan prever esa circunstancia. En todo caso, non se poderán deixar prazas vacantes previamente ofertadas mentres existan solicitudes formalizadas dentro dos prazos establecidos.
O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas no LERD en que presentou solicitude de acceso e dirixida ao presidente da CIUG.
A resolución da reclamación correspóndelle á CiUG e será asinada polo delegado ou delegada do reitor/a da universidade na que se imparte a ensinanza universitaria obxecto da reclamación. O resultado comunicaráselle ao/a interesado/a a través das listaxes de asignación de prazas ou dunha notificación e indicarase, se é o caso, o prazo para matricular.

Información na CIUG

Matrícula na UDC 2019/2020