<![CDATA[UDC: RSS: Actualidade: PDI]]>https://www.udc.es/gl/rss/fontesRSS/especificas/rss_actualidade_pdi_persoal.htmlMon, 25 May 2026 15:12:19 +0200<![CDATA[ Talentos Inclusivos, distinguido co Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global ]]>
  • O proxecto impulsado desde o CITIC da UDC recibe un recoñecemento promovido pola Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD) co apoio da Xunta de Galicia.
  • Trátase do undécimo premio que recibe a iniciativa, posta en marcha en 2020, impulsada polo Centro TIC da Universidade da Coruña e ASPACE Coruña, e que conta co apoio da FECYT do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades; o Consello Social da UDC; o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia.
  • A Coruña, 25 de maio de 2026

    Talentos Inclusivos, o proxecto impulsado desde o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, que forma parte da Rede CIGUS, vén de ser distinguido co Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global, un recoñecemento promovido pola Coordinadora Galega de ONGD co apoio da Xunta de Galicia.

    Con este galardón, o proxecto acada xa un total de once premios desde a súa creación no ano 2020, consolidando así o seu impacto no ámbito da innovación educativa, a sensibilización social e a promoción dunha cidadanía crítica e comprometida.

    O Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global recoñece iniciativas pedagóxicas que fomentan valores vinculados á xustiza social, a sustentabilidade, a igualdade e a participación activa da comunidade educativa. A convocatoria distingue experiencias desenvolvidas en centros educativos e universitarios galegos que contribúen á construción dunha cidadanía global solidaria e responsable.

    Desde o CITIC destacan que este recoñecemento “supón un impulso para seguir desenvolvendo proxectos que integren tecnoloxía, educación e compromiso social, achegando o coñecemento científico e tecnolóxico aos grandes retos globais”.

    O centro reafirma así o seu compromiso coa transferencia de coñecemento e co desenvolvemento de iniciativas innovadoras que contribúan a xerar un impacto positivo tanto no ámbito educativo como na sociedade.

    O Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global celebra este ano a súa cuarta edición e está dirixido a docentes e equipos educativos de centros e universidades galegas.

    Sobre Talentos Inclusivos

    Talentos Inclusivos é un proxecto desenvolvido polo CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da UDC (Universidade da Coruña) e ASPACE Coruña, e que conta co apoio da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades; o Consello Social da UDC; o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia.

    O seu obxectivo é espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre a mocidade e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos formulados por persoas con parálise cerebral.

    A través deste proxecto, estudantes de secundaria e bacharelato de diversos institutos de Galicia deberán buscar solucións tecnolóxicas a unha serie de retos que serán propostos por usuarios da entidade ASPACE Coruña, Amencer-ASPACE, APAMP e Cruz Roja A Coruña.

    Talentos Inclusivos tamén conta co apoio de persoas voluntarias de Inditex, que ofrecen asesoramento no desenvolvemento dos retos.

    Máis información: https://talentosinclusivos.citic.udc.es/

    Sobre o CITIC

    O CITIC é un centro de investigación que impulsa o avance e a excelencia en I+D+i aplicada ás TIC, creado en 2008 pola Universidade da Coruña. A actividade científica do centro estrutúrase en catro áreas principais de investigación: Intelixencia artificial; Ciencia e Enxeñaría de Datos; Computación de Altas Prestacións; e Servizos e Redes Intelixentes, e unha área de investigación transversal a todas elas: a Ciberseguridade.

    O CITIC está acreditado como Centro de Excelencia e membro da Rede CIGUS para o período 2024-2027, o que avala a calidade da súa investigación. A acreditación, estruturación e mellora do CITIC está cofinanciada pola Xunta de Galicia e nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2021-2027, co obxectivo temático de promover “unha Europa máis intelixente: transformación económica innovadora e intelixente” (ED431G 2023/01).

     

     

     

     

     

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Talentos-Inclusivos-distinguido-co-Premio-Galego-de-Educacion-para-o-Desenvolvemento-e-Cidadania-Global/https://www.udc.es/gl/novas/Talentos-Inclusivos-distinguido-co-Premio-Galego-de-Educacion-para-o-Desenvolvemento-e-Cidadania-Global/
    Mon, 25 May 2026 12:41:33 +0200<![CDATA[A Universidade da Coruña recibe o Premio Ártabro ao servizo á sociedade polos dez anos do programa de Aprendizaxe Servizo]]>
  • O acto, organizado con motivo dos 15 anos do diario dixital Galicia Ártabra, tivo lugar o venres no Teatro Jofre de Ferrol
  • En total foron entregados 15 premios a outras tantas entidades e personalidades destacadas da comarca de Ferrolterra
  •  

    A Coruña, 25 de maio de 2026

    A Universidade da Coruña vén de recibir o Premio Ártabro ao servizo á sociedade nunha gala que tivo lugar o venres, día 22 de maio, no teatro Jofre de Ferrol, organizada por Galicia Ártabra con motivo do décimo quinto aniversario deste diario dixital.

    O galardón, concedido ao programa de Aprendizaxe Servizo (ApS) da UDC, foi entregado por parte do reitor Ricardo Cao, a Ana Ares, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, e recoñece o impacto dunha metodoloxía que integra a formación académica co compromiso social, promovendo a participación activa do estudantado en proxectos orientados a dar resposta a necesidades reais da contorna. E faino xustamente coincidindo co décimo aniversario desta iniciativa, consolidade xa como referente na conexión entre universidade e sociedade.

    O desenvolvemento da Aprendizaxe Servizo na UDC foi impulsado desde hai unha década pola Oficina de Cooperación e Voluntariado e polo Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) da UDC, servizos que apostaron pola implantación desta metodoloxía como ferramenta clave para fortalecer a responsabilidade social universitaria e favorecer unha aprendizaxe activa, crítica e comprometida co territorio.

    Ao longo destes dez anos, o programa de Aprendizaxe Servizo permitiu desenvolver 260 proxectos en colaboración con entidades sociais, institucións e colectivos, contando coa participación de 8.600 estudantes e 159 entidades. Estas iniciativas contribuíron tanto á formación integral do estudantado como á xeración dun impacto positivo na comunidade.

    Este recoñecemento supón un novo impulso ao compromiso da Universidade da Coruña coa responsabilidade social e a innovación na aprendizaxe, reforzando o seu papel como axente activo no desenvolvemento social, cultural e económico.

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/A-Universidade-da-Coruna-recibe-o-Premio-Artabro-ao-servizo-a-sociedade-polos-dez-anos-do-programa-de-Aprendizaxe-Servizo/https://www.udc.es/gl/novas/A-Universidade-da-Coruna-recibe-o-Premio-Artabro-ao-servizo-a-sociedade-polos-dez-anos-do-programa-de-Aprendizaxe-Servizo/
    Mon, 25 May 2026 12:12:55 +0200<![CDATA[Lista provisional admitidos/excluidos - 2º prazo convocatoria mobilidade internacional 26/27]]>Lista provisional admitidos/excluidos - 2º prazo convocatoria mobilidade internacional 26/27

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Lista-provisional-admitidos-excluidos-2-prazo-convocatoria-mobilidade-internacional-26-27/https://www.udc.es/gl/novas/Lista-provisional-admitidos-excluidos-2-prazo-convocatoria-mobilidade-internacional-26-27/
    Mon, 25 May 2026 00:00:00 +0200<![CDATA[Premios Extraordinarios de Doutoramento 2024/2025. Listaxe definitiva]]>De conformidade co acordo de 25 de marzo de 2026, do Consello de Goberno, polo que se aproba a Convocatoria de Premios Extraordinarios de Doutoramento da Universidade da Coruña, correspondentes ao curso académico 2024/25, publícase a relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Premios-Extraordinarios-de-Doutoramento-2024-2025.-Listaxe-definitiva/https://www.udc.es/gl/novas/Premios-Extraordinarios-de-Doutoramento-2024-2025.-Listaxe-definitiva/
    Mon, 25 May 2026 00:00:00 +0200<![CDATA[Convoc. contratación 2026/CP/102 Facultade de Informática]]>Convoc. contratación 2026/CP/102 Facultade de Informática Técnico de Apoio á Investigación a tempo parcial.

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Convoc.-contratacion-2026-CP-102-Facultade-de-Informatica/https://www.udc.es/gl/novas/Convoc.-contratacion-2026-CP-102-Facultade-de-Informatica/
    Mon, 25 May 2026 00:00:00 +0200<![CDATA[Convoc. contratación 2026/CP/075 Resolución definitiva e acta de cualificacións]]>Convoc. contratación 2026/CP/075 Resolución definitiva e acta de cualificacións

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Convoc.-contratacion-2026-CP-075-Resolucion-definitiva-e-acta-de-cualificacions/https://www.udc.es/gl/novas/Convoc.-contratacion-2026-CP-075-Resolucion-definitiva-e-acta-de-cualificacions/
    Mon, 25 May 2026 00:00:00 +0200<![CDATA[Convoc. contratación 2026/CP/103 ESCI]]>Convoc. contratación 2026/CP/103 Edificio Servicios Centrais Investigación, Axudante Administrativo a tempo completo.

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Convoc.-contratacion-2026-CP-103-ESCI/https://www.udc.es/gl/novas/Convoc.-contratacion-2026-CP-103-ESCI/
    Mon, 25 May 2026 00:00:00 +0200<![CDATA[Convoc. contratación 2026/CP/082 Listaxe provisional de admitidos e excluidos]]>Convoc. contratación 2026/CP/082 Listaxe provisional de admitidos e excluidos

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Convoc.-contratacion-2026-CP-082-Listaxe-provisional-de-admitidos-e-excluidos/https://www.udc.es/gl/novas/Convoc.-contratacion-2026-CP-082-Listaxe-provisional-de-admitidos-e-excluidos/
    Mon, 25 May 2026 00:00:00 +0200<![CDATA[Convocatoria para listaxe de prelación OEP 2026 (CU, TU e PPL)]]>Convocatoria para o establecemento dunha listaxe de prelación para a execución da oferta de emprego público do ano 2026 (Cátedras de Universidade, Titularidades de Universidade e Profesorado Permanente Laboral)

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Convocatoria-para-listaxe-de-prelacion-OEP-2026-CU-TU-e-PPL/https://www.udc.es/gl/novas/Convocatoria-para-listaxe-de-prelacion-OEP-2026-CU-TU-e-PPL/
    Mon, 25 May 2026 00:00:00 +0200<![CDATA[Convoc. contratación 2026/CP/079 Resolución provisional e acta de cualificacións]]>Convoc. contratación 2026/CP/079 Resolución provisional e acta de cualificacións

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Convoc.-contratacion-2026-CP-079-Resolucion-provisional-e-acta-de-cualificacions/https://www.udc.es/gl/novas/Convoc.-contratacion-2026-CP-079-Resolucion-provisional-e-acta-de-cualificacions/