Programa

Misión

REDCIDi é a rede de centros e unidades de I+D+i que actúa como motor estratéxico para alcanzar na UDC unha investigación de maior calidade e impacto. REDCIDi asegurará unha xestión coordinada e eficiente dos recursos dispoñibles e buscará anticiparse aos desafíos estratéxicos e de xestión dos centros e unidades de investigación da UDC para ofrecerlles asesoramento e ferramentas de traballo acordes ás súas necesidades. 

Visión

REDCIDi aspira a ser recoñecida como unha unidade de apoio estratéxico e de xestión aos centros e unidades de I+D+i da UDC de referencia polo valor engadido aportado, pola profesionalidade do seu equipo e a eficiencia na súa acción.

Valores

  • Empatía.
  • Transparencia.
  • Calidade. 
  • Cooperación. 
  • Eficiencia.
  • Dinamismo.