O programa AGRUPA é unha iniciativa da Vicerreitoría de Investigación e Transferencia da UDC –a través da Oficina de Coordinación de Centros (REDCIDi)– para o fortalecemento e consolidación das capacidades de I+D+i dos seus grupos, unidades e persoal investigador.

Proporciona recursos financiados tanto con fondos propios como procedentes de fontes externas captados pola UDC para a definición e implantación de itinerarios de mellora en  ámbitos prioritarios para o desenvolvemento da súa actividade investigadora, a través de dúas liñas:

Os grupos, unidades ou persoas investigadoras recibirán asistencia técnica para a definición de obxectivos de fortalecemento e consolidación e para a elaboración dunha folla de ruta.

Esta última, que será obxecto dun seguimento anual, contemplará accións enfocadas a:

  • Abordar cambios na organización e dinamización da actividade.
  • Fortalecer as capacidades de investigación e transferencia, a estratexia de financiamento ou a proxección internacional.

Estas medidas poderán referirse aos seguintes aspectos:

  • Definición da estrutura organizativa do grupo ou unidade: agregación ou reordenación de capacidades.
  • Reforzo do liderado.
  • Busca de sinerxías con outros grupos, unidades ou persoas investigadoras.
  • Mellora da cohesión e colaboración interna.
  • Reorientación do foco estratéxico da investigación.
  • Reformulación dos ámbitos sectoriais e sociais de proxección da investigación.
  • Mellora da produción científica para un maior impacto.
  • Reforzo das actividades de valorización e transferencia.
  • Impulso da ciencia aberta.
  • Promoción da internacionalización.
  • Captación de recursos de fontes públicas e privadas.
  • Implantación de sistemas de control e xestión.
  • Outras cuestións que se consideren de interese en cada caso en particular.

O programa AGRUPA contempla tamén a concesión de financiamento basal para promover ou consolidar a actividade de investigación e transferencia dos grupos, unidades e persoal investigador a nivel individual. Esta liña de apoio do programa instrumentalízase a través dunha convocatoria de concorrencia competitiva á que é requisito presentarse para os beneficiarios e beneficiarias do servizo de asesoramento.

A maiores, estableceranse outras accións para financiar de xeito específico:

  • A elaboración dun plan de acción para acadar obxectivos de mellora.
  • O asesoramento a cargo de consultoras externas para abordar accións de mellora.

As persoas coordinadoras dos grupos e unidades e os investigadores e investigadoras que reciban financiamento basal interno deberán elaborar un informe anual para reportar sobre o uso destes recursos e o impacto na súa actividade. A revisión deste informe por parte da Vicerreitoría de Investigación e Transferencia pode supoñer a revisión das condicións do apoio técnico e económico do programa en anos sucesivos.

 

A solicitude para acceder ao servizo de asesoramento pode tramitarse por medio dun correo electrónico ao seguinte enderezo solicitando o servizo: agrupa.redcidi@udc.gal

Máis información

Mail: agrupa.redcidi@udc.gal

Teléfono: +34 881 01 2682

Rede de Centros e Unidades de I+D+i da UDC - REDCIDI
Ed. de Servicios Centrais de Investigación, Campus de Elviña
15071. A Coruña