REDCIDi - Rede de centros e unidades de I+D+i


A Rede de Centros e Unidades de I+D+i da UDC (REDCIDi) foi creada o 20 de decembro do 2022 polo Consello de Goberno no marco das accións dun dos eixos principais do Plan estratéxico 2022-2026 da UDC: a aposta por lograr a excelencia na investigación.

Este afán por desenvolver unha investigación excelente, e ante as condicións cada vez máis cambiantes da contorna, xerou a necesidade de adoptar novas dimensións nas estruturas organizativas da UDC co obxectivo de coordinar os centros de investigación, homoxeneizar procesos e servir de ponte de comunicación entre os centros e as unidades de planificación e xestión da UDC.

A unidade está constituída por un Director Estratéxico e unha Unidade Técnica de Xestión (con persoal contratado de apoio) para poder asistir aos centros de investigación coa maior axilidade posible, poñendo todo o foco de atención no reforzo das estruturas dos centros de investigación da UDC e en impulsar unha investigación de calidade que potencie a internacionalización, a multidisciplinariedad e o liderado científico dos centros.