Título: Traslatio. Patrimonio marítimo dos camiños do mar, I e II
Periodo: Traslatio I, de 09/2020 a 06/2021; Traslatio II, de 04/2022 a 10/2022
Entidad financiadora: Xacobeo 21·22, Xunta de Galicia. Fundación Universidade da Coruña
Resumo: O proxecto trata de identificar todolos vestixios da arquitecura do mar, é decir, a construción industrial asociada aos oficios do mar, así como outros elementos causantes da transformación do bordo litoral de cara á explotación do medio marítimo, tendo como ámbito de estudo o bordo litoral das rías de Muros - Noia e Arousa, e máis concretamente aqueles concellos comprendidos entre Dodro e Outes, buscando a súa posta en valor como parte da riqueza cultural do Camiño de Santiago.
Título: Proxecto Europeo DORNA II (Fase de ampliación) Desarrollo Organizado e Sostible de Recursos do N.O. Atlántico
Periodo: 11/2013 a 11/2014
Entidad financiadora: Programa Espacio Atlántico. FEDER, Unión Europea
Resumo: Na fase de ampliación de DORNA procedéuse a valorar as paisaxes maritimas e o patrimonio marítimo industrial asociado sito ao longo da Costa Galega, polo destacado valor destas construcións. Realizóuse un inventario de máis de 300 construcións entre Carpintarías de Ribeira, procedente da fase anterior, Cetárias, Fábricas de salazón, Muíños de mareas , Fábricas baleeiras ou Fábricas conserveiras.
Título: Proxecto Europeo DORNA. Desarrollo Organizado e Sostible de Recursos do N.O. Atlántico
Periodo: 03/2010 a 11/2011
Entidad financiadora: Programa Espacio Atlántico. FEDER, Unión Europea
Resumo: O proxecto DORNA céntrase no desenvolvemento e promoción das embarcacións tradicionais dende unha perspectiva de sustentabilidade económica e diversidade cultural. Os obxectivos específicos son:
1. Identificación e posta en valor do patrimonio náutico das rexións europeas atlánticas.
2. Promoción e recuperación da cultura adxacente ás embarcacións tradicionais atlánticas.
3. Desenvolvemento endóxeno e sostible do sector naval no espazo atlántico especializado en embarcacións tradicionales.
4. Desenvolvemento do sector turístico, coa introdución no mercado de produtos novos (náutica tradicional) vinculados coa cultura atlántica.
5. Potenciar o uso das embarcacións tradicionais como modelo de náutica menos contaminantes e máis respetuosa coa contorna.
Título: Fishernet. Rede de Patrimonio Cultural Pesqueiro
Periodo: 08/2008 a 08/2011
Entidad financiadora: Unión Europea
Resumo: O proxecto nace da preocupación das comunidades pesqueiras de Lira, O Pindo, Muros e outras similares en Islandia, Noruega, Escocia, Chipre e Bulgaria pola situación de risco na que se atopa o patrimonino pesqueiro, consecuencia dos cambios estruturais, sociais e económicos que afectaron nas últimas décadas á actividade pesqueira en Europa. A rede pretende unir as comunidades que en diferentes lugares de Europa traballan na identificación, recuperación e divulgación deste patrimonio.