Catálogo do patrimonio marítimo inmoble
OX2. Proxecto 34 do PCUMA
Inventario do patrimonio inmoble o longo da costa galega, para o seu coñecemento exhaustivo, que permita reflectir a súa situación actual. O inventario incluirá de base os bens dos catálogos existentes de diversos organismos e incorporará outros.
SEALabHaus
OX2. Proxecto 56 e OX.4 Proxecto 94 do PCUMA
O proxecto SEALabHaus é o Novo Laboratorio Atlántico para a Arquitectura, o Patrimonio, a Cultura e o Turismo do Mar segundo os principios da Nova Bauhaus Europea.
Socios: Universidad de Las Palmas de Gran Canaria/ Université Bretagne Sub/ Universidade do Porto/Escuela Europea Superior de Arte de Bretaña/ South East Technological/ University/ University College Dublin
Traslatio
OX1. Proxecto 34 e 39 do PCUMA
Incorporación dos valores do Patrimonio marítimo do bordo litoral entre as rías de Muros-Noia e Arousa, na propia riqueza cultural do Camiño de Santiago.