O 28 de novembro celebramos o Encontro UDC Conecta con clústeres galegos, unha sesión pensada para presentar unha nova iniciativa do programa UDC Conecta dirixida a estes axentes como xeradores de valor no ecosistema produtivo. O evento serviu como punto de partida para establecer sinerxías, compartir retos e abrir a porta a futuras colaboracións estratéxicas entre a UDC e os clústeres galegos.