As cátedras universitarias son un instrumento de colaboración estable entre a UDC e empresas, entidades ou institucións. A través desta figura é posible promover a investigación, a formación, a transferencia de coñecemento e a divulgación, cun apoio sostido no tempo e beneficios comúns para ambas partes.
Unha cátedra universitaria é unha colaboración estratéxica entre a UDC e unha entidade externa, xa sexa pública ou privada. O seu obxectivo é fortalecer a investigación, o ensino e a transferencia de coñecemento nunha área de interese común. Ao contrario doutros formatos de colaboración, as cátedras están deseñadas para manterse no tempo e permitir unha acción continuada.
Para a UDC, unha cátedra garante financiamento estable para a investigación e fomenta a colaboración con actores estratéxicos. Para as entidades colaboradoras, permite achegarse ao talento universitario, promover a innovación e fortalecer a súa responsabilidade social corporativa. Ademais, as achegas poden beneficiarse de incentivos fiscais.
Existen dous tipos principais:
Tamén existen as Aulas Universitarias, que se centran en formación e divulgación, sen incluír I+D+i.
Unha cátedra pode financiar e organizar:
As empresas ou entidades interesadas deben contactar coa UDC para valorar a súa viabilidade e proceso de creación. A iniciativa tamén poder partir dun membro do persoal docente e investigador da UDC cunha ligazón permanente e que teña relación coa área da cátedra.
Se tes interese en crear unha cátedra universitaria, o primeiro paso é contactar connosco, a OTC, para estudar a proposta, definir obxectivos e establecer as bases do convenio de colaboración.