A OTC asesórate na mellor estratexia para achegar os resultados da túa investigación ao sector produtivo e á sociedade.
A función de transferencia constitúe a terceira misión das universidades (xunto coa docencia e a investigación), que as define como institucións comprometidas co desenvolvemento económico e social, contribuíndo ao impulso do tecido empresarial e á calidade de vida da sociedade.
Existen diferentes actuacións orientadas á transferencia dos resultados protexidos da universidade á sociedade. Normalmente estas actuacións concrétanse mediante a subscrición de determinados contratos. Os máis habituais son os que seguen.
É o contrato mediante o cal a Universidade, como titular da patente, autoriza a un terceiro, socio comercial, a explotar e utilizar a patente a cambio dunha compensación económica en concepto de regalías. Neste contrato regúlanse os dereitos e obrigas de cada unha das partes respecto da explotación da patente.
É o contrato mediante o cal o titular do software outorga unha autorización de uso dese software a un terceiro, de acordo cunha serie de obrigas entre ambas partes. En relación co software libre existen varios tipos de licenzas nas que se establece cales son as accións autorizadas mediante a mesma.
Mediante este contrato, o propietario do know-how obrígase a comunicar o know-how e a autorizar o seu uso á outra parte coas condicións e límites temporais, territoriais ou doutro tipo pactados no acordo, xeralmente a cambio dunha contraprestación económica, en diñeiro ou en especie.
Mediante este contrato regúlanse as actuacións levadas a cabo por un terceiro, necesarias para probar a viabilidade comercial do obxecto da patente, outorgando un dereito preferente dunha licenza de uso desa patente ao terceiro.
Mediante contrato regúlase a transferencia de tecnoloxía da Universidade (titular da tecnoloxía) a unha entidade mercantil creada para explotar comercialmente coñecemento ou tecnoloxías derivadas da investigación realizada na Universidade.
Transfire-UDC é un programa creado pola OTRI para identificar e poñer en valor os resultados de investigación xerados por investigadores da UDC, con independencia da área de coñecemento e eido de aplicación do resultado.
Con este programa de apoio preténdese: