Aloxamento

A Universidade da Coruña non xestiona directamente o aloxamento para os estudantes estranxeiros pero dispón, coa colaboración da asociación de estudantes ESN Coruña (Erasmus Student Network), dun Buddy Programme que, entre outros cometidos, facilítalles aos estudantes de intercambio entrantes a búsqueda de aloxamento.

Para aloxamento en residencias universitarias, deberán contactar directamente coa residencia elixida. Máis información

Ademais, a Universidade da Coruña é membro da plataforma de aloxamento Housing Anywhere

  • Pincha aquí para crear a túa conta en Housing Anywhere