CONCURSO DE CREACIÓNS ARTÍSTICAS PARA DAR PUBLICIDADE AO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE SITUACIÓNS DE ACOSO SEXUAL, POR RAZÓN DE SEXO, POR ORIENTACIÓN SEXUAL E IDENTIDADE OU EXPRESIÓN DE XÉNERO
Coa intención de darlle unha maior publicidade e visibilidade ao protocolo, convócase este concurso dende o ano 2020. Estas son as obras premiadas nas dúas edicións do concurso.
María Pérez, alcumada ‘a Balteira’, foi a soldadeira con máis sona do trobadorismo galego-portugués. Parece probado que pertenceu a unha familia de alta condición social e que marchou sendo moi nova, para a corte castelá do rei Fernando III.
Como soldadeira foi unha das axentes do espectáculo ou da “performance” trobadoresca, cantando, danzando e tocando diversos instrumentos para a interpretación das cantigas medievais galego-portuguesas.
Polo que as cantigas din sobre ela –sobrepasando mesmo o androcentrismo da época–, foi unha muller transgresora, aficionada ao xogo dos dados (reservado aos homes), coñecida tamén pola súa beleza, promiscua (para os cánones da época), e que chegou a acadar un grande poder poder político ao actuar como intermediaria ao servizo do rei Afonso X ‘O Sabio’.
Autor: Oscar Luís Blanco Domínguez
Autora: Ana María Peña Cabanas
Autor: Isaac Guillermo Darriba López
Autora: Cristina Carreira Menéndez
Autora: Natalia Cea Rodríguez