A creación da Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX), arestora adscrita á Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade, foi aprobada na sesión do Consello de Goberno do 14 de decembro de 2006 e a OIX leva en funcionamento desde o día 10 de marzo de 2007.
A UDC adiantouse á obriga imposta pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que introduce na Lei orgánica de universidades (LOU) unha disposición adicional duodécima na cal, baixo a rúbrica “Unidades de igualdade”, se sinala que “As universidades contarán entre as súas estruturas de organización con unidades de igualdade para o desenvolvemento das funcións relacionadas co principio de igualdade entre mulleres e homes”
De acordo coa Ley Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema Universitario, as unidades de igualdade serán as encargadas de asesorar, coordinar e avaliar a incorporación transversal da igualdade entre mulleres e homes no desenvolvemento das políticas universitarias, así como incluír a perspectiva de xénero no conxunto de actividades e funcións da universidade (art. 43.2 LOSU).