Normativa

A igualdade de trato e de oportunidades para as mulleres e os homes é un dereito fundamental e un valor superior do ordenamento xurídico democrático, que aparece consagrado tanto nos arts. 1 e 14 da Constitución española como nos tratados de Roma e Amsterdam.

En esta páxina incluimos parte da normativa en materia de igualdade de xénero desenvolvida tanto a nivel auropeo, como estatal e autonómico; así como os distintos acordos probados na Universidade da Coruña para o cumprimento do principio de igualdade.

Ámbito europeo

Directiva 76/207/CC Igualdade de trato no relativo ao acceso ó emprego, a  formación e á promoción profesional

Directiva 2004/113/CE Principio de igualdade de trato entre mulleres e homes fóra do mercado laboral

Recomendación do Consello de Europa sobre participación equilibrada das mulleres e dos homes nos procesos de toma de decisión do ámbito político e público

Recomendación do Consello de Europa sobre normas e mecanismos de igualdade

Ámbito estatal

Lei orgánica 3/2007 do 22 de marzo para a igualdade efectiva de mulleres e homes

Lei orgánica 1/2004 do 28 de decembro de medidas de protección integral contra a violencia de xénero

Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades

Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades

Ámbito autonómico

Lei 1/2007 do 27 de xullo para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero

Lei 2/2007 do 28 de marzo do traballo en igualdade das mulleres de Galicia

Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes

Ámbito da Universidade da Coruña

Regulamento de estudos de Doutoramento Aprobado no Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012, establece que a composición do tribunal de tese tenderá a unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

Regulamento electoral baseado no principio de equilibrio dos sexos na composición das candidaturas que se agrupen en lista.  Aprobado en Consello de Goberno do 4 de outubro de 2010

Normativa que regula os concursos de acceso aos corpos de funcionarios docentes, Consello de Goberno do 10 de decembro de 2008, establecese que na composición das comisións de selección deberá procurarse unha composición equilibrada entre mulleres e homes.

Regulamento da Oficina para a Igualdade de Xénero. Aprobado no Consello de Goberno do 9 de marzo de 2007.

Documento sobre a misión, visión e valores da UDC, aprobado polo Claustro o día 31 de marzo de 2005, propúgnase como principio reitor a afirmación dos dereitos humanos e a consecuente loita contra calquera discriminación por razóns ideolóxicas, sociais, económicas, relixiosas, de nacemento, de discapacidade, de xénero ou de orientación sexual.