A Oficina de Captación de Persoal Investigador (OCPI), dependente da Vicerreitoría de Investigación e Transferencia, foi creada en 2023 co obxectivo de apoiar as políticas e os programas relacionados coa captación de talento na UDC.
O compromiso da UDC coa atracción e a retención de talento non é unha tendencia incipiente, senón que xorde da visión da institución para promover o desenvolvemento dunha investigación de alto nivel e é o medio para aumentar a participación e o éxito da nosa universidade en convocatorias de ciencia excelente de ámbito nacional (programas Ramón y Cajal, Beatriz Galindo, ATRAE...) como internacional (axudas ERC, Accións Marie Skłodowska-Curie...).
Como reflexo desta aposta estratéxica, a UDC traballa desde hai anos en dous programas propios e pioneiros destinados á atracción e a retención do talento investigador, como o programa berce e o programa InTalent.
A atracción e a retención de talento é un motor fundamental para o avance dos indicadores de calidade investigadora, docente e de xestión. Tendo isto en conta, as principais funcións asignadas á OCPI son as seguintes: