Creada en 1989 cun enfoque innovador, a Universidade da Coruña aposta polo seu futuro a través do desenvolvemento dunha investigación internacional baseada na calidade e que contribúa ao avance cultural, social e económico da sociedade.
É unha institución moderna, innovadora e dinámica que está fortamente comprometida coa educación integral dos seus estudantes: á ampla e sólida oferta académica únenselle específicos programas culturais, de cooperación, igualdade, de lecer, deportivos, entre outros.
Estrutúrase en dous Campus: o de A Coruña e o de Ferrol, con diferentes titulacións en cada un deles, e radicados en dúas estupendas cidades á beira do mar.
A Universidade da Coruña considera prioritaria a súa internacionalización. A captación de talento é polo tanto, esencial, xa que permite atraer investigadores altamente cualificados de todo o mundo, xerando unha contorna académica diversa e competitiva. A través de diversas convocatorias, centralizadas na OCPI, a UDC céntrase en atraer científicos con traxectorias de excelencia, como os beneficiarios de axudas Ramón y Cajal, Beatriz Galindo, MSCA Actions, ERC Grants... Isto non só reforza a capacidade da universidade para desenvolver investigación avanzada, senón que tamén incrementa a súa visibilidade a nivel internacional, fomentando colaboracións estratéxicas con outras institucións. O esforzo por atraer e reter talento investigador ten un impacto positivo na proxección científica da universidade, permitindo consolidar áreas de investigación emerxentes e estratéxicas que son chave para o crecemento da universidade.
OPORTUNIDADE CIENTÍFICA
Malia a súa mocidade, a UDC conta con numerosos investigadores destacados nas súas áreas de investigación. Dispón ademais dun parque tecnolóxico con diferentes centros de investigación e institutos universitarios que cobren un amplo abano de campos do coñecemento.
OPORTUNIDADE SOCIAL
A UDC estrutúrase nos campus universitarios da Coruña e Ferrol. Ambas cidades son enclaves acolledores e abertos ao mar, cun clima agradable ao que é doado adaptarse.
OPORTUNIDADE ECONÓMICA
É unha universidade cunha economía saneada e que promove o uso eficiente dos seus recursos desde o punto de vista tanto económico como ambiental.
A Universidade da Coruña está estruturada territorialmente no Campus da Coruña e o Campus de Ferrol, polo que conta cunha contorna social excelente, en dúas cidades situadas a beiras do Océano Atlántico. Reúnen unha serie de atractivos, únicos en España, que a fan ser un lugar privilexiado para integrar o traballo cunha estupenda calidade de vida, grazas a unha moderna rede de servizos e unha ampla oferta de lecer para todos os gustos.
En ámbalas dúas cidades pódese gozar dunha completa axenda de actos sociais e culturais ao longo do ano, como orquestras filarmónicas, concertos, festivais, exposicións, eventos artísticos... Tamén é de destacar a oferta deportiva, cuberta por numerosas instalacións públicas e privadas, instalacións náuticas, etc. Por último, merece salientar que ámbalas cidades atópanse na comunidade de Galicia, que é unha das rexións máis seguras de España.