Proxecto STARS4UDC

Estratexia de Atracción e Retención de Talento Científico Internacional para a UDC

A OCPI conta cun proxecto institucional chamado STARS4UDC, financiado pola Axencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a través da súa convocatoria de axudas públicas para a preparación e xestión de proxectos europeos, facilitando así a captación de talento internacional en institucións de I+D (GPE 2023) (Referencia do proxecto: GPE2023-001245-T).

O seu período de execución son as anualidades 2024-2025 e os seus obxectivos principais son os seguintes:

Obxectivo 1. Actualización anual da estratexia de atracción de talento de persoal investigador, aliñada coas áreas científicas prioritarias da UDC e dos seus centros de investigación.

Obxectivo 2. Incrementar a atracción de personal de investigación internacional en áreas chave de investigación, mantendo o equilibrio de xénero e diversidade.

Obxectivo 3. Desenvolver un servizo de atención integral para o persoal de investigación internacional durante o seu traslado, incorporación e integración na UDC.

Obxectivo 4. Fortalecemento do servizo de apoio técnico para a elaboración de propostas de ciencia excelente polo persoal investigador internacional atraído e/ou retido. 

 

A finalidade última é a de posicionar a UDC como unha entidade de referencia internacional para a atracción de talento