Convocatorias internacionais
        Oportunidades en Horizon Europe
        
      
    
                As convocatorias europeas de atracción de talento constitúen unha excelente oportunidade para aquel persoal investigador que busque unirse á comunidade investigadora da UDC. O traballo da OCPI céntrase nas convocatorias que se atopan no Pilar I - Ciencia Excelente do programa marco de investigación da Unión Europea, Horizon Europe.
Específicamente, enfocámosnos nas convocatorias do Consello Europeo de Investigación (ERC) en todas as súas modalidades, e nas Accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA), con especial énfase nas MSCA Postdoctoral Fellowships (MSCA-PF).
A OCPI proporciona un servizo integral que inclúe:
- Asesoramento e orientación estratéxica. Traballamos xunto ao personal investigador desde a fase inicial de ideación da proposta, guiando na maduración da idea do proxecto e a súa adecuación á convocatoria.
- Asistencia na preparación e edición de propostas. Asistimos ao persoal investigador a elaborar propostas sólidas, a articular claramente os obxectivos e a metodoloxía da investigación, e a asegurarnos de que todos os aspectos chave estén ben cubertos.
- Revisión de propostas. Revisamos as propostas para asegurar a súa coherencia, precisión e cumprimento dos criterios de avaliación. 
- Apoio na preparación do orzamento e na xestión administrativa. Asistimos na elaboración do orzamento do proxecto e encargámonos da xestión dos trámites administrativos, asegurándonos de que se cumpran os prazos e os requisitos formais.
- Preparación para as entrevistas do ERC. Provemos asistencia na preparación das presentacións das entrevistas do ERC e na sesión de preguntas, ofrecendo orientación sobre as melloras estratexias para responder as cuestións e destacar os puntos fortes da proposta.