17 e 18 de xullo
Prazo de matrícula: do 21 de maio ata o 16 de xullo
Horas de duración: 15
Lugar de realización
Fórum Carballo
Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n. Barrio da Milagrosa.
15100 - Carballo
Recoñecemento académico
Ao estudantado da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h, máximo 3 créditos por cada curso (Resolución reitoral do 16/10/2017 da UDC)
Perfil preferente do alumnado
Persoas que traballen ou estean interesadas na dinamización lingüística e no proceso de dinamización da lingua galega: técnicos/as de normalización lingüística e de cultura; dinamizadores/as socioculturais; estudantado, profesorado, membros de asociacións, docentes, animadores etc.
Coordinación:
Dirección: Xosé Manuel Sánchez Rei
Secretaría: Marisol Rios Noya
Entidades colaboradoras:
Prezo:
Prezo público xeral: 50 €
Prezo reducido: 30 € Aplicable a estudantes de calquera universidade, comunidade universitaria da UDC e persoas en situación de desemprego
Información:
Servizo de Normalización Lingüística
Maestranza, 9
15001 A Coruña
snl@udc.es
Tel. 881 011042 - 881011055
Resumo do curso:
O traballo enfocarase a potenciarmos o uso da lingua no turismo e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos. Utilizamos o galego como un valor e un recurso que teña interese en ser coñecido e valorado polo turismo. As sesións constan de conferencias, mesas redondas e obradoiros prácticos en que se analiza por que, como, onde e cando deixamos de utilizar o galego ao entrar en contacto con xente de fóra. Haberá turistas que se poidan decantar por Galiza por termos lingua propia?. Estas e outras cuestións centrarán o programa do curso, a que trataremos de dar resposta. Alén disto, tamén se dedican sesións destinadas a reparar no éxito de produtos que só utilizan a lingua propia para se dar a coñecer.