Presentación

O compromiso da UDC coa mellora da empregabilidade do seu alumnado egresado xerou una crecente demanda de datos de calidade sobre a súa transición ao mercado de traballo. Para dar resposta a esa demanda, o Observatorio Ocupacional da UDC publica anualmente os resultados do seu estudo de inserción laboral. Este estudo céntrase na cohorte do curso anterior, é dicir, analiza a inserción do alumnado egresado de grao e máster un ano despois do seu egreso. Unha das virtudes fundamentais deste estudo é que persegue xerar non só una mostra representativa a nivel do conxunto da universidade, senón tamén a nivel de cada una das titulacións. Co fin de profundar no compromiso do Observatorio por xerar datos útiles, dende o ano pasado o estudo incorpora, xunto co estudo tradicional a nivel da UDC, un estudo detallado para cada unha das titulacións.

Desde o Observatorio Ocupacional da UDC esperamos que o informe xeral, así como os informes particulares das titulacións, acheguen informacións útiles a toda a comunidade da UDC. Aos estudantes e futuros estudantes, os datos que aquí se presentan poderían axudalos/as a tomaren decisións máis informadas sobre o seu futuro profesional. Ás facultades e departamentos e, en xeral, a todos os organismos unipersonais e colectivos da UDC que teñen algún papel no deseño das titulacións, poderían facilitarlles a tarefa de expor medidas encamiñadas á mellora da empregabilidade do alumnado unha vez titulado.

Introdución

Neste informe preséntanse os datos de inserción laboral dos egresados do Máster en Profesorado de ESO da UDC que finalizaron os seus estudos no curso 2021-22. A finalidade básica do informe é ofrecer información útil para a mellora das medidas encamiñadas a mellorar a empregabilidade de nosos egresados. Os obxectivos específicos do informe son os seguintes:

  1. Coñecer o nivel de inserción laboral do alumnado egresado.
  2. Analizar algunhas características do emprego dese alumnado como, por exemplo, as formas contractuais, os tipos de xornada, os niveis de remuneración, a adecuación do posto á cualificación etc.
  3. Observar a mobilidade xeográfica do alumando egresado.
  4. Captar o nivel xeral de satisfacción co emprego obtido.

Metodoloxía e ficha técnica

O estudo realizouse mediante a administración dun cuestionario deseñado a partir dos traballos anteriores do Observatorio Ocupacional, así como das recomendacións da Rede de Observatorios de Emprego das universidades españolas.

A poboación obxecto de estudo defínese como o total de alumnado egresado de titulacións de grao e máster da Universidade da Coruña no curso 2021-22. É dicir, a poboación atópase, no momento do estudo, a unha media de 12 meses da data da súa de finalización dos estudos.

O universo está composto por 1703 alumnos/as da UDC (1143 de grao e 560 de máster). Con todo, no canto de calcular un tamaño da mostra para este universo, determinouse una mostra obxectivo para cada titulación que, cun nivel de confianza do 95 %, permitise realizar estimacións cunha marxe de erro do 3 %. A mostra de cada titulación calculouse coa fórmula habitual:

\[ n = \frac {{N}\frac{Z^2p(1-p)}{e^2}} {\frac{Z^2p(1-p)}{e^2}+N-1} \]

Onde N é o total de egresados da titulación durante o curso 21/22, p=0.5, o valor de Z é o correspondente ao nivel de confianza do 95 % (1.96), e o valor de e o correspondente á marxe de erro do 3 % (0.03). Tras o traballo de campo, o tamaño da mostra finalmente obtida foi de 1415 (947 de grao e 468 de máster). Ao se calcularen as mostras co obxectivo de obter representatividade a nivel de titulación, o seu sumatorio xerou una mostra total da UDC moi ampla que, a nivel de confianza do 95 %, nos permite realizar estimacións para o conxunto dos titulados de grao cunha marxe de erro do 1.3 % e para o conxunto da poboación de egresados de máster cunha marxe de erro do 1.8 %

Na seguinte táboa pode observarse o universo dos egresados de máster, a mostra finalmente obtida en cada una das titulacións e a marxe de erro para cada unha delas. A marxe de erro calculouse aplicando o factor de corrección para poboacións finitas.

Táboa 1: Universo, mostra e marxe de erro dos másters
Estudo Universo Mostra Marxe de erro
Máster Universitario en Acuicultura 3 2 49.0%
Máster Universitario en Arquitectura 41 35 6.4%
Máster Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial 13 8 22.4%
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria 13 8 22.4%
Máster Universitario en Avogacía 50 43 5.6%
Máster Universitario en Banca e Finanzas 11 9 14.6%
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión 7 7 0.0%
Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde 6 6 0.0%
Máster Universitario en Bioloxía Mariña 2 2 0.0%
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética 10 8 16.3%
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada 8 7 14.0%
Máster Universitario en Ciberseguridade 7 6 16.3%
Máster Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental 10 8 16.3%
Máster Universitario en Computación de Altas Prestacións / High Performance Computing 4 3 32.7%
Máster Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas 16 12 14.6%
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial 9 9 0.0%
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos 4 3 32.7%
Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas 8 8 0.0%
Máster Universitario en Dirección integrada de proxectos 6 3 43.8%
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares 5 4 24.5%
Máster Universitario en Discapacidade e Dependencia 11 7 23.4%
Máster Universitario en Economía 3 2 49.0%
Máster Universitario en Edificación Sostible 8 6 21.4%
Máster Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético 2 2 0.0%
Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos 6 5 19.6%
Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial 2 2 0.0%
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial 15 13 10.3%
Máster Universitario en Enxeñaría Informática 33 31 4.4%
Máster Universitario en Enxeñaría Mariña 7 6 16.3%
Máster Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica 3 3 0.0%
Máster Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas 3 2 49.0%
Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías 5 5 0.0%
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións 3 3 0.0%
Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica 7 7 0.0%
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria 17 13 13.6%
Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde 3 2 49.0%
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial 6 5 19.6%
Máster Universitario en Lingüística Aplicada 3 2 49.0%
Máster Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade 7 6 16.3%
Máster Universitario en Matemática Industrial 1 1 0.0%
Máster Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía 1 1 0.0%
Máster Universitario en Náutica e Transporte Marítimo 3 3 0.0%
Máster Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos 3 3 0.0%
Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria 10 7 21.4%
Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns 23 21 6.4%
Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual 6 6 0.0%
Máster en Profesorado de ESO 80 68 4.6%
Máster Universitario en Psicoloxía Aplicada 9 8 12.2%
Máster Universitario en Psicopedagoxía 17 11 18.1%
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica 5 5 0.0%
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas 5 4 24.5%
Máster Universitario en Visión por Computador 2 1 98.0%
Máster Universitario en Xerontoloxía 8 7 14.0%
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral 10 9 10.9%

O traballo de campo consistiu na realización de entrevistas telefónicas asistidas por computador entre o 19 e o 24 de xullo de 2023 e foi realizado pola empresa de estudos de mercado e enquisas IDEARA S.L. O tratamento dos datos de contacto de egresados regulouse mediante un contrato de tratamento de datos persoais entre a UDC e a empresa, de acordo coa normativa vixente.

O protocolo de contactos para a realización da enquisa prevía un mínimo de tres intentos de contacto en horas e días distintos por cada persoa seleccionada de maneira aleatoria, antes de descartar esa persoa de forma definitiva para a súa inclusión na mostra.

O número de egresados e/ou de egresados enquisados nalgunhas titulacións é baixo, o que non permite estimacións adecuadas. Ademais, mostras tan reducidas poderían permitir a identificación das persoas a partir das respostas, polo que se decidiu seguir o criterio establecido nos informes de anos anteriores e non elaborar informe detallado para aquelas titulacións cunha mostra inferior a 10, aínda que os datos destas titulacións si computan nos cálculos globais da UDC e nos referidos a cada rama de coñecemento. Tal como pode verse na Táboa 1, 45 das 54 titulacións de máster non chegaron a este mínimo de enquisados.

Indicadores de inserción laboral

Nesta sección preséntanse os datos de inserción laboral dos titulados do Máster en Profesorado de ESO. Seguindo as definicións habituais, enténdese por activos o conxunto de egresados que, no momento de realización da entrevista, declaran ter un emprego por conta propia ou allea ou, de non facelo, declaran estar a buscar traballo de forma activa. Son inactivos, por tanto, aqueles egresados que, no momento de realización da entrevista, non tiñan emprego nin o buscaban activamente. Considéranse ocupados aqueles que, no momento da enquisa, declaran ter un traballo por conta allea ou exercer unha actividade por conta propia. Os parados son aqueles que declararon na enquisa non ter, pero están a buscar activamente, un emprego.

Podemos estimar a inserción laboral dos egresados, empregando os datos da nosa mostra, mediante as seguintes taxas:

  1. A taxa de actividade. Defínese como o cociente entre o total de egresados enquisados activos e o total de egresados enquisados.
  2. A taxa de emprego. Defínese como o cociente entre o total de egresados enquisados ocupados e o total de egresados enquisados.
  3. A taxa de paro. Defínese como o cociente entre o total de egresados enquisados en paro e o total de egresados enquisados activos.

Para facilitar a interpretación dos datos:

  1. Compáranse os resultados cos obtidos para o conxunto de egresados de máster da UDC e para o conxunto dos egresados da mesma rama de coñecemento á que pertence o máster, é dicir, Ciencias Sociais e Xurídicas.
  2. Preséntanse sempre os datos desagregados por sexo.
  3. Incorpóranse os intervalos de confianza para a proporción estimada, tendo en conta o tamaño da mostra obtida. Estes intervalos calcúlanse coa fórmula habitual e aplicando o factor de corrección de poboacións finitas:

\[ p \pm Z {\sqrt{ \frac {p(1-p)}{n}}} \frac {N-n}{N-1} \]

Figura 1: Taxa de actividade dos egresados de máster

Taxa de actividade dos egresados de máster

Para valorar adecuadamente estas taxas, e especialmente a taxa de actividade, é importante considerar que nalgunhas titulacións a continuación dos estudos é obrigatoria ou altamente recomendada para o exercicio da profesión e que, ademais, existen titulacións nas cales é máis frecuente a formación de profesionais que orientarán a súa carreira cara á Función Pública. Por iso, é importante contextualizar a interpretación da taxa de inactividade e coñecer as razóns polas que os egresados inactivos non buscan un emprego. A seguinte figura presenta as razóns polas que os titulados inactivos do Máster en Profesorado de ESO non buscan activamente un emprego.

Figura 2: Motivos polos que os titulados de máster inactivos non buscan emprego

Motivos polos que os titulados de máster inactivos non buscan emprego

Características do emprego

Relación entre ocupación e estudos

Distribución nos grandes grupos ocupacionais

Co obxectivo de analizar as ocupacións dos egresados, preguntouse na enquisa cal era a ocupación desempeñada no momento da entrevista. Esta ocupación, posteriormente, reclasificouse conforme as categorías da Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO-11). No seu nivel de xeneralización máis alto, a CNO-11 distingue entre os seguintes grandes grupos ocupacionais:

1 - Directores e xerentes
2 - Profesionais científicos e intelectuais
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio
4 - Persoal de apoio administrativo
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados
6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros
7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores
9 - Ocupacións elementais
0 - Ocupacións militares

A continuación, pode observarse a distribución dos egresados ocupados do Máster en Profesorado de ESO nestes grandes grupos ocupacionais.

Figura 3: Distribución dos egresados de máster ocupados nos grandes grupos ocupacionais

Distribución dos egresados de máster ocupados nos grandes grupos ocupacionais

Adecuación profesional da ocupación

A CNO-11 herda da clasificación internacional CIUO-08 (Clasificación Internacional Uniforme de Ocupacións) unha estrutura xerárquica baseada no nivel de competencias requiridas para cada grupo ocupacional, distinguindo entre catro niveis, por orde crecente. O nivel de competencias defínese como unha medida da complexidade e diversidade das tarefas que se realizan nunha ocupación.

Os niveis de competencias de cada ocupación asígnanse en función de distintos compoñentes: a natureza do traballo en relación coas tarefas que o caracterizan, o nivel de instrución formal necesaria para desempeñar as tarefas e a cantidade de formación no emprego ou a experiencia previa que se consideran necesarias.

As ocupacións do nivel de competencias 1 xeralmente requiren a realización de tarefas físicas manuais, simples e rutineiras. Con respecto ao nivel de educación requirido, poderíase esixir o ciclo completo de educación primaria ou o primeiro ciclo de educación básica.

As ocupacións do nivel de competencias 2 requiren tarefas como operar maquinaria e equipos electrónicos, conducir vehículos, manter e reparar equipos eléctricos e mecánicos, e manexar e almacenar información. Neste nivel requírense competencias como a comprensión lectora ou a redacción de informes, ademais dun alto nivel de destreza manual. O nivel de competencia 2, xeralmente, obtense co primeiro ciclo de educación secundaria, que pode incluír algún elemento de formación profesional especializada.

As ocupacións do nivel de competencias 3 implican o desempeño de tarefas técnicas e prácticas complexas que requiren un conxunto de coñecementos específicos nunha área especializada. En xeral, estas ocupacións requiren un alto nivel de educación: as habilidades requiridas xeralmente obtéñense despois de completar os estudos nunha institución de educación superior, logo de completar a escola secundaria, por un período de 1 a 3 anos.

Finalmente, as ocupacións do nivel de competencia 4 poden requirir o desempeño de tarefas que requiran a toma de decisións e a resolución de problemas complexos utilizando amplos coñecementos teóricos e prácticos nunha área. As tarefas xeralmente inclúen análises e investigación, transmisión de coñecemento, deseño de estruturas ou maquinaria. Con respecto á formación requirida, as competencias deste nivel adoitan obterse tras a finalización do nivel superior de educación e a obtención dun diploma ou título superior. De feito, en moitos casos, as cualificacións formais son un requisito para acceder a ocupacións deste nivel de competencias.

Os grandes grupos ocupacionais 1, 2 e 3 da CNO-11 son os que requiren os niveis de competencias máis altos e que, en xeral, requiren un nivel alto ou moi alto de instrución (os niveis 3 e 4 segundo a clasificación de competencias antes exposta). Por iso, podemos medir o grao de adecuación profesional dos egresados mediante un cociente de adecuación ( CocAdec ) definido nos seguintes termos:

\[ CocAdec = \frac {\text{Egresados ocupados nos grupos ocupacionais 1, 2 e 3 da CNO-11}}{\text{Total de egresados ocupados}} \]

Os resultados obtidos neste nivel de adecuación profesional para os egresados do Máster en Profesorado de ESO son os seguintes:

Figura 4: Cociente de adecuación da ocupación dos egresados de máster

Cociente de adecuación da ocupación dos egresados de máster

Autoemprego

Nun informe recente elaborado polo Observatorio Ocupacional da UDC, que emprega datos do Proxecto GUESSS, observouse que o 11,2 % dos estudantes da UDC tiñan intención de crear a súa propia empresa ao final dos seus estudos (pode consultarse o estudo aquí). Resulta interesante comparar esas intencións coa realidade dos egresados un ano despois da data do seu egreso. Na seguinte figura preséntase a porcentaxe de egresados do Máster en Profesorado de ESO ocupados que están autoempregados.

Figura 5: Porcentaxe de ocupados por conta propia entre os egresados de máster ocupados

Porcentaxe de ocupados por conta propia entre os egresados de máster ocupados

Ocupación no sector público

Aínda que con frecuencia se insiste na importancia da estimulación do autoemprego, resulta de vital importancia que a universidade tamén forme profesionais capaces de contribuíren ao fortalecemento e ao bo funcionamento da nosa Administración pública. Por iso, presentamos a seguir os datos que nos permiten estimar cal é a contribución do Máster en Profesorado de ESO a ese fortalecemento do sector público, formando profesionais capaces de integrarse en empregos públicos.

Figura 6: Porcentaxe de empregados públicos entre os egresados de máster ocupados

Porcentaxe de empregados públicos entre os egresados de máster ocupados

Estabilidade laboral no sector privado

Una das principais dimensións da precariedade laboral é a inestabilidade contractual dos ocupados. Para coñecer como afecta esta dimensión da precariedade aos titulados do Máster en Profesorado de ESO, presentamos na seguinte figura as porcentaxes de traballadores con contratos indefinidos, temporais, fixos discontinuos, formativos e irregulares entre os egresados de máster que están ocupados e traballan con por conta allea no sector privado.

Figura 7: Tipo de contrato dos egresados de máster ocupados que traballan por conta allea no sector privado

Tipo de contrato dos egresados de máster ocupados que traballan por conta allea no sector privado

Xornada laboral dos ocupados por conta allea

Na seguinte figura preséntanse os datos relativos á xornada laboral dos egresados de máster ocupados por conta allea da UDC, distinguindo entre aqueles que están en empregos a xornada completa (30 horas semanais ou máis) e aqueloutros que están en empregos a xornada parcial (menos de 30 horas semanais).

Figura 8: Egresados de máster ocupados por conta allea a tempo completo e a tempo parcial

Egresados de máster ocupados por conta allea a tempo completo e a tempo parcial

Mobilidade

A mobilidade é un dos factores máis relevantes á hora de coñecer as características da transición á vida laboral dos egresados. Por unha banda, a capacidade dun territorio e as súas universidades de xeraren e reteren talento é fundamental e, pola outra, a formación de profesionais capaces de desempeñar o seu labor en contextos afastados social, económica e culturalmente é tamén un indicador de éxito da institución.

Figura 9: Mobilidade dos egresados de máster ocupados

Mobilidade dos egresados de máster ocupados

Ingresos

As remuneracións obtidas son probablemente o indicador máis obvio da calidade do emprego obtido. Por iso, expúxose na enquisa unha pregunta aos ocupados sobre as ganancias netas mensuais que obtiñan. As opcións de resposta que se ofrecían eran as seguintes:

  1. Menos de 500€
  2. Entre 501 e 1000€
  3. Entre 1001 e 1500€
  4. Entre 1501 e 2000€
  5. Entre 2001 e 2500€
  6. Entre 2501 e 3000€
  7. Entre 3001 e 3500€
  8. Máis de 3500€

Figura 10: Ingresos dos egresados de máster ocupados

Ingresos dos egresados de máster ocupados


Como era de esperar, un ano despois da data de egreso, os niveis salariais dificilmente chegan aos intervalos salariais máis altos. O valor do dato é, probablemente, comparativo: permítenos comparar a rapidez no acceso aos niveis salariais altos entre homes e mulleres e entre egresados do Máster en Profesorado de ESO e egresados da súa rama de coñecemento.

Satisfacción laboral

Por último, incorporouse unha pregunta relativa ao grao de satisfacción laboral dos ocupados, nunha escala de 0 a 10.

O seguinte gráfico mostra a distribución das respostas dadas polos egresados ocupados do Máster en Profesorado de ESO á devandita pregunta. O “violín plot” permítenos estudar a densidade das respostas e o “boxplot” que se inclúe no interior, a distribución dos cuartiles. A liña descontinua indica a media da distribución.

Figura 11: Satisfacción co emprego dos egresados de máster ocupados

Satisfacción co emprego dos egresados de máster ocupados

Anexo

Nesta sección preséntanse os resultados en bruto das respostas dadas polos egresados do Máster en Profesorado de ESO ás preguntas do cuestionario.

Táboa 2: Cal é a túa situación laboral actual?
Homes Mulleres Total
UDC
Estou a traballar 171 199 370
Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa 16 23 39
Non estou a traballar e non estou a buscar emprego 18 41 59
Total 205 263 468
Ciencias Sociais e Xurídicas
Estou a traballar 59 117 176
Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa 12 11 23
Non estou a traballar e non estou a buscar emprego 16 33 49
Total 87 161 248
Máster en Profesorado de ESO
Estou a traballar 16 27 43
Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa 5 2 7
Non estou a traballar e non estou a buscar emprego 10 8 18
Total 31 37 68
Táboa 3: Cal é o motivo polo que non buscas traballo?
Homes Mulleres Total
UDC
Estou a preparar oposicións 11 28 39
Estou a realizar outros estudos 0 0 0
Outros motivos 3 7 10
Total 14 35 49
Ciencias Sociais e Xurídicas
Estou a preparar oposicións 10 26 36
Estou a realizar outros estudos 0 0 0
Outros motivos 3 2 5
Total 13 28 41
Máster en Profesorado de ESO
Estou a preparar oposicións 7 6 13
Estou a realizar outros estudos 0 0 0
Outros motivos 1 0 1
Total 8 6 14
Táboa 4: Traballas por conta allea a tempo completo, a tempo parcial, ou es un/ha traballador/a autónomo/a ou empresario/a?
Homes Mulleres Total
UDC
Traballo por conta allea a tempo completo 151 144 295
Traballo por conta allea a tempo parcial 11 38 49
Son autónomo/a ou empresario/a 9 17 26
Total 171 199 370
Ciencias Sociais e Xurídicas
Traballo por conta allea a tempo completo 48 79 127
Traballo por conta allea a tempo parcial 7 27 34
Son autónomo/a ou empresario/a 4 11 15
Total 59 117 176
Máster en Profesorado de ESO
Traballo por conta allea a tempo completo 11 14 25
Traballo por conta allea a tempo parcial 4 10 14
Son autónomo/a ou empresario/a 1 3 4
Total 16 27 43
Táboa 5: E traballas a tempo parcial porque é o que queres ou porque non atopaches un traballo a tempo completo?
Homes Mulleres Total
UDC
Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) 5 15 20
Porque non atopo un emprego a tempo completo 4 9 13
Outras situacións 2 14 16
Total 11 38 49
Ciencias Sociais e Xurídicas
Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) 4 12 16
Porque non atopo un emprego a tempo completo 2 4 6
Outras situacións 1 11 12
Total 7 27 34
Máster en Profesorado de ESO
Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) 3 4 7
Porque non atopo un emprego a tempo completo 1 2 3
Outras situacións 0 4 4
Total 4 10 14
Táboa 6: Traballas na Administración Pública, como funcionario/a de carreira, interino/a ou en calquera outra situación laboral?
Homes Mulleres Total
UDC
Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira 9 3 12
Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a 3 5 8
Si, son empregado/a público: laboral indefinido 8 2 10
Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino 18 21 39
Non, non traballo como empregado público 124 151 275
Total 162 182 344
Ciencias Sociais e Xurídicas
Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira 5 2 7
Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a 3 5 8
Si, son empregado/a público: laboral indefinido 2 0 2
Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino 1 4 5
Non, non traballo como empregado público 44 95 139
Total 55 106 161
Máster en Profesorado de ESO
Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira 1 0 1
Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a 2 2 4
Si, son empregado/a público: laboral indefinido 2 0 2
Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino 1 2 3
Non, non traballo como empregado público 9 20 29
Total 15 24 39
Táboa 7: E o teu contrato é…
Homes Mulleres Total
UDC
Temporal 21 25 46
Indefinido 92 105 197
Fixo discontinuo 2 7 9
Formativo (Prácticas) 9 13 22
Estou a traballar sen un contrato regular 0 1 1
Total 124 151 275
Ciencias Sociais e Xurídicas
Temporal 13 18 31
Indefinido 28 63 91
Fixo discontinuo 2 5 7
Formativo (Prácticas) 1 9 10
Estou a traballar sen un contrato regular 0 0 0
Total 44 95 139
Máster en Profesorado de ESO
Temporal 3 5 8
Indefinido 5 14 19
Fixo discontinuo 1 1 2
Formativo (Prácticas) 0 0 0
Estou a traballar sen un contrato regular 0 0 0
Total 9 20 29
Táboa 8: E es autónomo/a ou empresario/a porque queres ou porque non atopaches un traballo por conta allea?
Homes Mulleres Total
UDC
Porque é o que quero 7 10 17
Porque non atopo un traballo por conta allea 1 1 2
Outras situacións 1 6 7
Total 9 17 26
Ciencias Sociais e Xurídicas
Porque é o que quero 2 6 8
Porque non atopo un traballo por conta allea 1 1 2
Outras situacións 1 4 5
Total 4 11 15
Máster en Profesorado de ESO
Porque é o que quero 0 3 3
Porque non atopo un traballo por conta allea 0 0 0
Outras situacións 1 0 1
Total 1 3 4
Táboa 9: Poderías dicirme cal é a túa ocupación?
Homes Mulleres Total
UDC
1 - Directores e xerentes 5 2 7
2 - Profesionais científicos e intelectuais 117 119 236
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio 38 49 87
4 - Persoal de apoio administrativo 6 17 23
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados 2 11 13
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores 2 0 2
9 - Ocupacións elementais 1 1 2
Total 171 199 370
Ciencias Sociais e Xurídicas
1 - Directores e xerentes 1 2 3
2 - Profesionais científicos e intelectuais 34 57 91
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio 15 33 48
4 - Persoal de apoio administrativo 6 15 21
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados 2 9 11
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores 0 0 0
9 - Ocupacións elementais 1 1 2
Total 59 117 176
Máster en Profesorado de ESO
1 - Directores e xerentes 1 0 1
2 - Profesionais científicos e intelectuais 8 12 20
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio 6 12 18
4 - Persoal de apoio administrativo 0 1 1
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados 1 2 3
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores 0 0 0
9 - Ocupacións elementais 0 0 0
Total 16 27 43
Táboa 10: Onde estás a desenvolver a túa actividade laboral actual?
Homes Mulleres Total
UDC
Na provincia da Coruña 137 165 302
En Galicia, pero non na Coruña 12 19 31
No resto de España 16 12 28
Noutro país da Unión Europea 3 2 5
No resto do mundo 3 1 4
Total 171 199 370
Ciencias Sociais e Xurídicas
Na provincia da Coruña 51 103 154
En Galicia, pero non na Coruña 3 7 10
No resto de España 4 5 9
Noutro país da Unión Europea 1 1 2
No resto do mundo 0 1 1
Total 59 117 176
Máster en Profesorado de ESO
Na provincia da Coruña 12 23 35
En Galicia, pero non na Coruña 3 3 6
No resto de España 0 1 1
Noutro país da Unión Europea 1 0 1
No resto do mundo 0 0 0
Total 16 27 43
Táboa 11: Poderías valorar, nunha escala de 0 a 10, a túa satisfacción global co traballo que realizas?
Homes Mulleres Total
UDC
0 0 1 1
1 0 0 0
2 0 2 2
3 2 0 2
4 1 1 2
5 4 3 7
6 5 11 16
7 31 29 60
8 59 75 134
9 45 51 96
10 24 26 50
Total 171 199 370
Ciencias Sociais e Xurídicas
0 0 1 1
1 0 0 0
2 0 1 1
3 0 0 0
4 1 1 2
5 1 2 3
6 1 7 8
7 10 17 27
8 28 38 66
9 11 32 43
10 7 18 25
Total 59 117 176
Máster en Profesorado de ESO
0 0 0 0
1 0 0 0
2 0 0 0
3 0 0 0
4 1 0 1
5 0 1 1
6 0 1 1
7 1 5 6
8 8 12 20
9 3 5 8
10 3 3 6
Total 16 27 43
Táboa 12: Podería dicirme canto diñeiro gañas máis ou menos ao mes (en euros, neto, tras descontos)?
Homes Mulleres Total
UDC
Menos de 500 2 12 14
Entre 500 e 1000 18 44 62
Entre 1001 e 1500 57 96 153
Entre 1501 e 2000 57 31 88
Entre 2001 e 2500 24 13 37
Entre 2501 e 3000 8 2 10
Entre 3001 e 3500 2 1 3
Máis de 3500 3 0 3
Total 171 199 370
Ciencias Sociais e Xurídicas
Menos de 500 1 7 8
Entre 500 e 1000 9 31 40
Entre 1001 e 1500 27 51 78
Entre 1501 e 2000 16 19 35
Entre 2001 e 2500 5 8 13
Entre 2501 e 3000 1 0 1
Entre 3001 e 3500 0 1 1
Máis de 3500 0 0 0
Total 59 117 176
Máster en Profesorado de ESO
Menos de 500 0 4 4
Entre 500 e 1000 4 8 12
Entre 1001 e 1500 6 8 14
Entre 1501 e 2000 4 5 9
Entre 2001 e 2500 2 2 4
Entre 2501 e 3000 0 0 0
Entre 3001 e 3500 0 0 0
Máis de 3500 0 0 0
Total 16 27 43