Presentación

O compromiso da UDC coa mellora da empregabilidade do seu alumnado egresado xerou una crecente demanda de datos de calidade sobre a súa transición ao mercado de traballo. Para dar resposta a esa demanda, o Observatorio Ocupacional da UDC publica anualmente os resultados do seu estudo de inserción laboral. Este estudo céntrase na cohorte do curso anterior, é dicir, analiza a inserción do alumnado egresado de grao e máster un ano despois do seu egreso. Unha das virtudes fundamentais deste estudo é que persegue xerar non só una mostra representativa a nivel do conxunto da universidade, senón tamén a nivel de cada una das titulacións. Co fin de profundar no compromiso do Observatorio por xerar datos útiles, dende o ano pasado o estudo incorpora, xunto co estudo tradicional a nivel da UDC, un estudo detallado para cada unha das titulacións.

Desde o Observatorio Ocupacional da UDC esperamos que o informe xeral, así como os informes particulares das titulacións, acheguen informacións útiles a toda a comunidade da UDC. Aos estudantes e futuros estudantes, os datos que aquí se presentan poderían axudalos/as a tomaren decisións máis informadas sobre o seu futuro profesional. Ás facultades e departamentos e, en xeral, a todos os organismos unipersonais e colectivos da UDC que teñen algún papel no deseño das titulacións, poderían facilitarlles a tarefa de expor medidas encamiñadas á mellora da empregabilidade do alumnado unha vez titulado.

Introdución

Neste informe preséntanse os datos de inserción laboral dos egresados do Grao en Arquitectura Técnica da UDC que finalizaron os seus estudos no curso 2021-22. A finalidade básica do informe é ofrecer información útil para a mellora das medidas encamiñadas a mellorar a empregabilidade de nosos egresados. Os obxectivos específicos do informe son os seguintes:

  1. Coñecer o nivel de inserción laboral do alumnado egresado.
  2. Analizar algunhas características do emprego dese alumnado como, por exemplo, as formas contractuais, os tipos de xornada, os niveis de remuneración, a adecuación do posto á cualificación etc.
  3. Observar a mobilidade xeográfica do alumando egresado.
  4. Captar o nivel xeral de satisfacción co emprego obtido.

Metodoloxía e ficha técnica

O estudo realizouse mediante a administración dun cuestionario deseñado a partir dos traballos anteriores do Observatorio Ocupacional, así como das recomendacións da Rede de Observatorios de Emprego das universidades españolas.

A poboación obxecto de estudo defínese como o total de alumnado egresado de titulacións de grao e máster da Universidade da Coruña no curso 2021-22. É dicir, a poboación atópase, no momento do estudo, a unha media de 12 meses da data da súa de finalización dos estudos.

O universo está composto por 1703 alumnos/as da UDC (1143 de grao e 560 de máster). Con todo, no canto de calcular un tamaño da mostra para este universo, determinouse una mostra obxectivo para cada titulación que, cun nivel de confianza do 95 %, permitise realizar estimacións cunha marxe de erro do 3 %. A mostra de cada titulación calculouse coa fórmula habitual:

\[ n = \frac {{N}\frac{Z^2p(1-p)}{e^2}} {\frac{Z^2p(1-p)}{e^2}+N-1} \]

Onde N é o total de egresados da titulación durante o curso 21/22, p=0.5, o valor de Z é o correspondente ao nivel de confianza do 95 % (1.96), e o valor de e o correspondente á marxe de erro do 3 % (0.03). Tras o traballo de campo, o tamaño da mostra finalmente obtida foi de 1415 (947 de grao e 468 de máster). Ao se calcularen as mostras co obxectivo de obter representatividade a nivel de titulación, o seu sumatorio xerou una mostra total da UDC moi ampla que, a nivel de confianza do 95 %, nos permite realizar estimacións para o conxunto dos titulados de grao cunha marxe de erro do 1.3 % e para o conxunto da poboación de egresados de máster cunha marxe de erro do 1.8 %

Na seguinte táboa pode observarse o universo dos egresados de grao, a mostra finalmente obtida en cada una das titulacións e a marxe de erro para cada unha delas. A marxe de erro calculouse aplicando o factor de corrección para poboacións finitas.

Táboa 1: Universo, mostra e marxe de erro dos graos
Estudo Universo Mostra Marxe de erro
Grao en Administración e Dirección de Empresas 83 68 5.1%
Grao en Arquitectura Técnica 23 18 11.0%
Grao en Bioloxía 24 19 10.5%
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte 41 35 6.4%
Grao en Ciencias Empresariais 53 45 5.7%
Grao en Comunicación Audiovisual 17 9 23.1%
Grao en Dereito 54 44 6.4%
Grao en Economía 32 24 10.2%
Grao en Educación Infantil 28 26 5.2%
Grao en Educación Primaria 28 20 11.9%
Grao en Educación Social 16 14 9.6%
Grao en Enfermaría 21 16 12.2%
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto 46 41 5.1%
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas 25 21 8.7%
Grao en Enxeñaría Eléctrica 4 4 0.0%
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática 18 18 0.0%
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais 10 8 16.3%
Grao en Enxeñaría Informática 147 127 3.2%
Grao en Enxeñaría Mecánica 13 11 12.1%
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica 8 7 14.0%
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios 8 7 14.0%
Grao en Estudos de Arquitectura 71 60 5.0%
Grao en Fisioterapia 18 17 5.8%
Grao en Humanidades 6 5 19.6%
Grao en Información e Documentación 2 2 0.0%
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios 21 13 17.2%
Grao en Logopedia 12 11 8.9%
Grao en Náutica e Transporte Marítimo 57 43 7.5%
Grao en Paisaxe 1 1 NA%
Grao en Podoloxía 6 4 31.0%
Grao en Química 28 25 6.5%
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos 29 26 6.3%
Grao en Socioloxía 25 24 4.1%
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil 10 6 26.7%
Grao en Tecnoloxías Mariñas 37 24 12.0%
Grao en Terapia Ocupacional 11 9 14.6%
Grao en Turismo 15 11 15.8%
Grao en Xestión Industrial da Moda 8 8 0.0%
Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito 41 36 5.8%
Programa de Simultaneidade do Grao en Bioloxía e o Grao en Química 16 14 9.6%
Programa de Simultaneidade do Grao en Enxeñaría Mecánica e o Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica 4 2 56.6%
Programa de Simultaneidade do Grao en Español e o Grao en Galego e Portugués 3 3 0.0%
Programa de Simultaneidade do Grao en Español e o Grao en Inglés 8 8 0.0%
Programa de Simultaneidade do Grao en Galego e Portugués e o Grao en Inglés 2 2 0.0%
Programa de Simultaneidade do Grao en Turismo e o Grao en Ciencias Empresariais 13 11 12.1%

O traballo de campo consistiu na realización de entrevistas telefónicas asistidas por computador entre o 19 e o 24 de xullo de 2023 e foi realizado pola empresa de estudos de mercado e enquisas IDEARA S.L. O tratamento dos datos de contacto de egresados regulouse mediante un contrato de tratamento de datos persoais entre a UDC e a empresa, de acordo coa normativa vixente.

O protocolo de contactos para a realización da enquisa prevía un mínimo de tres intentos de contacto en horas e días distintos por cada persoa seleccionada de maneira aleatoria, antes de descartar esa persoa de forma definitiva para a súa inclusión na mostra.

O número de egresados e/ou de egresados enquisados nalgunhas titulacións é baixo, o que non permite estimacións adecuadas. Ademais, mostras tan reducidas poderían permitir a identificación das persoas a partir das respostas, polo que se decidiu seguir o criterio establecido nos informes de anos anteriores e non elaborar informe detallado para aquelas titulacións cunha mostra inferior a 10, aínda que os datos destas titulacións si computan nos cálculos globais da UDC e nos referidos a cada rama de coñecemento. Tal como pode verse na Táboa 1, do total de 45 titulacións de grao, 16 tiveron mostras inferiores a 10 egresados, polo que, insistimos, para elas non se elaborou informe de titulación ningún.

No proceso de preparación dos datos para a súa análise tomáronse as seguintes decisións:

  • En relación cos estudantes de dobre grao ou programas de simultaneidade, resulta imposible atribuír os seus niveis de inserción laboral, mobilidade, satisfacción etc., a unha ou outra titulación, de maneira que, nos informes de titulación, se optou por considerar estes dobres graos ou programas de simultaneidade como unha titulación en si mesma. Os/as estudantes do Programa de Simultaneidade de ADE e Dereito, por exemplo, non computan nin como estudantes de ADE nin como de Dereito, senón como estudantes da titulación “Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e de Grao en Dereito”.
  • Na presente edición do estudo, decidiuse dar un tratamento especial aos egresados do Grao en Náutica e Transporte Marítimo e do Grado en Tecnoloxías Mariñas. Algúns egresados destas titulacións saen ao mercado de traballo tras o seu grao, mentres outros pospoñen esa saída á obtención dun título profesionalizante tras a realización dunhas prácticas de alumno embarcado. Considerando esta particularidade, decidiuse encuestar a quen no curso 21-22 acabaran o grao e decidiran non realizar prácticas de alumno embarcado e a aqueles que, decidindo facelas, obtiveron o título profesionalizante durante o curso 21-22.
  • Tamén en consideración coas particularidades dos egresados destes dous graos, decidiuse dar un tratamento especial á súa clasificación laboral. A atención ao feito frecuente de que moitos egresados traballan para a mesma empresa en períodos intermitentes, contabilizouse aos que estaban nesta situación como “ocupados” (aínda que isto afectou unicamente a 11 enquisados).

Indicadores de inserción laboral

Nesta sección preséntanse os datos de inserción laboral dos titulados do Grao en Arquitectura Técnica. Seguindo as definicións habituais, enténdese por activos o conxunto de egresados que, no momento de realización da entrevista, declaran ter un emprego por conta propia ou allea ou, de non facelo, declaran estar a buscar traballo de forma activa. Son inactivos, por tanto, aqueles egresados que, no momento de realización da entrevista, non tiñan emprego nin o buscaban activamente. Considéranse ocupados aqueles que, no momento da enquisa, declaran ter un traballo por conta allea ou exercer unha actividade por conta propia. Os parados son aqueles que declararon na enquisa non ter, pero están a buscar activamente, un emprego.

Podemos estimar a inserción laboral dos egresados, empregando os datos da nosa mostra, mediante as seguintes taxas:

  1. A taxa de actividade. Defínese como o cociente entre o total de egresados enquisados activos e o total de egresados enquisados.
  2. A taxa de emprego. Defínese como o cociente entre o total de egresados enquisados ocupados e o total de egresados enquisados.
  3. A taxa de paro. Defínese como o cociente entre o total de egresados enquisados en paro e o total de egresados enquisados activos.

Para facilitar a interpretación dos datos:

  1. Compáranse os resultados cos obtidos para o conxunto de egresados de grao da UDC e para o conxunto dos egresados da mesma rama de coñecemento á que pertence o grao, é dicir, Enxeñaría e Arquitectura.
  2. Preséntanse sempre os datos desagregados por sexo.
  3. Incorpóranse os intervalos de confianza para a proporción estimada, tendo en conta o tamaño da mostra obtida. Estes intervalos calcúlanse coa fórmula habitual e aplicando o factor de corrección de poboacións finitas:

\[ p \pm Z {\sqrt{ \frac {p(1-p)}{n}}} \frac {N-n}{N-1} \]

Figura 1: Taxa de actividade dos egresados de grao

Taxa de actividade dos egresados de grao

Para valorar adecuadamente estas taxas, e especialmente a taxa de actividade, é importante considerar que nalgunhas titulacións a continuación dos estudos é obrigatoria ou altamente recomendada para o exercicio da profesión e que, ademais, existen titulacións nas cales é máis frecuente a formación de profesionais que orientarán a súa carreira cara á Función Pública. Por iso, é importante contextualizar a interpretación da taxa de inactividade e coñecer as razóns polas que os egresados inactivos non buscan un emprego. A seguinte figura presenta as razóns polas que os titulados inactivos do Grao en Arquitectura Técnica non buscan activamente un emprego.

Figura 2: Motivos polos que os titulados de grao inactivos non buscan emprego

Motivos polos que os titulados de grao inactivos non buscan emprego

Características do emprego

Relación entre ocupación e estudos

Distribución nos grandes grupos ocupacionais

Co obxectivo de analizar as ocupacións dos egresados, preguntouse na enquisa cal era a ocupación desempeñada no momento da entrevista. Esta ocupación, posteriormente, reclasificouse conforme as categorías da Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO-11). No seu nivel de xeneralización máis alto, a CNO-11 distingue entre os seguintes grandes grupos ocupacionais:

1 - Directores e xerentes
2 - Profesionais científicos e intelectuais
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio
4 - Persoal de apoio administrativo
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados
6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros
7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores
9 - Ocupacións elementais
0 - Ocupacións militares

A continuación, pode observarse a distribución dos egresados ocupados do Grao en Arquitectura Técnica nestes grandes grupos ocupacionais.

Figura 3: Distribución dos egresados de grao ocupados nos grandes grupos ocupacionais

Distribución dos egresados de grao ocupados nos grandes grupos ocupacionais

Adecuación profesional da ocupación

A CNO-11 herda da clasificación internacional CIUO-08 (Clasificación Internacional Uniforme de Ocupacións) unha estrutura xerárquica baseada no nivel de competencias requiridas para cada grupo ocupacional, distinguindo entre catro niveis, por orde crecente. O nivel de competencias defínese como unha medida da complexidade e diversidade das tarefas que se realizan nunha ocupación.

Os niveis de competencias de cada ocupación asígnanse en función de distintos compoñentes: a natureza do traballo en relación coas tarefas que o caracterizan, o nivel de instrución formal necesaria para desempeñar as tarefas e a cantidade de formación no emprego ou a experiencia previa que se consideran necesarias.

As ocupacións do nivel de competencias 1 xeralmente requiren a realización de tarefas físicas manuais, simples e rutineiras. Con respecto ao nivel de educación requirido, poderíase esixir o ciclo completo de educación primaria ou o primeiro ciclo de educación básica.

As ocupacións do nivel de competencias 2 requiren tarefas como operar maquinaria e equipos electrónicos, conducir vehículos, manter e reparar equipos eléctricos e mecánicos, e manexar e almacenar información. Neste nivel requírense competencias como a comprensión lectora ou a redacción de informes, ademais dun alto nivel de destreza manual. O nivel de competencia 2, xeralmente, obtense co primeiro ciclo de educación secundaria, que pode incluír algún elemento de formación profesional especializada.

As ocupacións do nivel de competencias 3 implican o desempeño de tarefas técnicas e prácticas complexas que requiren un conxunto de coñecementos específicos nunha área especializada. En xeral, estas ocupacións requiren un alto nivel de educación: as habilidades requiridas xeralmente obtéñense despois de completar os estudos nunha institución de educación superior, logo de completar a escola secundaria, por un período de 1 a 3 anos.

Finalmente, as ocupacións do nivel de competencia 4 poden requirir o desempeño de tarefas que requiran a toma de decisións e a resolución de problemas complexos utilizando amplos coñecementos teóricos e prácticos nunha área. As tarefas xeralmente inclúen análises e investigación, transmisión de coñecemento, deseño de estruturas ou maquinaria. Con respecto á formación requirida, as competencias deste nivel adoitan obterse tras a finalización do nivel superior de educación e a obtención dun diploma ou título superior. De feito, en moitos casos, as cualificacións formais son un requisito para acceder a ocupacións deste nivel de competencias.

Os grandes grupos ocupacionais 1, 2 e 3 da CNO-11 son os que requiren os niveis de competencias máis altos e que, en xeral, requiren un nivel alto ou moi alto de instrución (os niveis 3 e 4 segundo a clasificación de competencias antes exposta). Por iso, podemos medir o grao de adecuación profesional dos egresados mediante un cociente de adecuación ( CocAdec ) definido nos seguintes termos:

\[ CocAdec = \frac {\text{Egresados ocupados nos grupos ocupacionais 1, 2 e 3 da CNO-11}}{\text{Total de egresados ocupados}} \]

Os resultados obtidos neste nivel de adecuación profesional para os egresados do Grao en Arquitectura Técnica son os seguintes:

Figura 4: Cociente de adecuación da ocupación dos egresados de grao

Cociente de adecuación da ocupación dos egresados de grao

Autoemprego

Nun informe recente elaborado polo Observatorio Ocupacional da UDC, que emprega datos do Proxecto GUESSS, observouse que o 11,2 % dos estudantes da UDC tiñan intención de crear a súa propia empresa ao final dos seus estudos (pode consultarse o estudo aquí). Resulta interesante comparar esas intencións coa realidade dos egresados un ano despois da data do seu egreso. Na seguinte figura preséntase a porcentaxe de egresados do Grao en Arquitectura Técnica ocupados que están autoempregados.

Figura 5: Porcentaxe de ocupados por conta propia entre os egresados de grao ocupados

Porcentaxe de ocupados por conta propia entre os egresados de grao ocupados

Ocupación no sector público

Aínda que con frecuencia se insiste na importancia da estimulación do autoemprego, resulta de vital importancia que a universidade tamén forme profesionais capaces de contribuíren ao fortalecemento e ao bo funcionamento da nosa Administración pública. Por iso, presentamos a seguir os datos que nos permiten estimar cal é a contribución do Grao en Arquitectura Técnica a ese fortalecemento do sector público, formando profesionais capaces de integrarse en empregos públicos.

Figura 6: Porcentaxe de empregados públicos entre os egresados de grao ocupados

Porcentaxe de empregados públicos entre os egresados de grao ocupados

Estabilidade laboral no sector privado

Una das principais dimensións da precariedade laboral é a inestabilidade contractual dos ocupados. Para coñecer como afecta esta dimensión da precariedade aos titulados do Grao en Arquitectura Técnica, presentamos na seguinte figura as porcentaxes de traballadores con contratos indefinidos, temporais, fixos discontinuos, formativos e irregulares entre os egresados de grao que están ocupados e traballan con por conta allea no sector privado.

Figura 7: Tipo de contrato dos egresados de grao ocupados que traballan por conta allea no sector privado

Tipo de contrato dos egresados de grao ocupados que traballan por conta allea no sector privado

Xornada laboral dos ocupados por conta allea

Na seguinte figura preséntanse os datos relativos á xornada laboral dos egresados de grao ocupados por conta allea da UDC, distinguindo entre aqueles que están en empregos a xornada completa (30 horas semanais ou máis) e aqueloutros que están en empregos a xornada parcial (menos de 30 horas semanais).

Figura 8: Egresados de grao ocupados por conta allea a tempo completo e a tempo parcial

Egresados de grao ocupados por conta allea a tempo completo e a tempo parcial

Mobilidade

A mobilidade é un dos factores máis relevantes á hora de coñecer as características da transición á vida laboral dos egresados. Por unha banda, a capacidade dun territorio e as súas universidades de xeraren e reteren talento é fundamental e, pola outra, a formación de profesionais capaces de desempeñar o seu labor en contextos afastados social, económica e culturalmente é tamén un indicador de éxito da institución.

Figura 9: Mobilidade dos egresados de grao ocupados

Mobilidade dos egresados de grao ocupados

Ingresos

As remuneracións obtidas son probablemente o indicador máis obvio da calidade do emprego obtido. Por iso, expúxose na enquisa unha pregunta aos ocupados sobre as ganancias netas mensuais que obtiñan. As opcións de resposta que se ofrecían eran as seguintes:

  1. Menos de 500€
  2. Entre 501 e 1000€
  3. Entre 1001 e 1500€
  4. Entre 1501 e 2000€
  5. Entre 2001 e 2500€
  6. Entre 2501 e 3000€
  7. Entre 3001 e 3500€
  8. Máis de 3500€

Figura 10: Ingresos dos egresados de grao ocupados

Ingresos dos egresados de grao ocupados


Como era de esperar, un ano despois da data de egreso, os niveis salariais dificilmente chegan aos intervalos salariais máis altos. O valor do dato é, probablemente, comparativo: permítenos comparar a rapidez no acceso aos niveis salariais altos entre homes e mulleres e entre egresados do Grao en Arquitectura Técnica e egresados da súa rama de coñecemento.

Satisfacción laboral

Por último, incorporouse unha pregunta relativa ao grao de satisfacción laboral dos ocupados, nunha escala de 0 a 10.

O seguinte gráfico mostra a distribución das respostas dadas polos egresados ocupados do Grao en Arquitectura Técnica á devandita pregunta. O “violín plot” permítenos estudar a densidade das respostas e o “boxplot” que se inclúe no interior, a distribución dos cuartiles. A liña descontinua indica a media da distribución.

Figura 11: Satisfacción co emprego dos egresados de grao ocupados

Satisfacción co emprego dos egresados de grao ocupados

Anexo

Nesta sección preséntanse os resultados en bruto das respostas dadas polos egresados do Grao en Arquitectura Técnica ás preguntas do cuestionario.

Táboa 2: Cal é a túa situación laboral actual?
Homes Mulleres Total
UDC
Estou a traballar 354 304 658
Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa 39 39 78
Non estou a traballar e non estou a buscar emprego 106 105 211
Total 499 448 947
Enxeñaría e Arquitectura
Estou a traballar 207 86 293
Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa 16 10 26
Non estou a traballar e non estou a buscar emprego 47 25 72
Total 270 121 391
Grao en Arquitectura Técnica
Estou a traballar 7 8 15
Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa 0 3 3
Non estou a traballar e non estou a buscar emprego 0 0 0
Total 7 11 18
Táboa 3: Cal é o motivo polo que non buscas traballo?
Homes Mulleres Total
UDC
Estou a preparar oposicións 34 39 73
Estou a realizar outros estudos 64 60 124
Outros motivos 8 6 14
Total 106 105 211
Enxeñaría e Arquitectura
Estou a preparar oposicións 5 2 7
Estou a realizar outros estudos 36 22 58
Outros motivos 6 1 7
Total 47 25 72
Grao en Arquitectura Técnica
Estou a preparar oposicións 0 0 0
Estou a realizar outros estudos 0 0 0
Outros motivos 0 0 0
Total 0 0 0
Táboa 4: Traballas por conta allea a tempo completo, a tempo parcial, ou es un/ha traballador/a autónomo/a ou empresario/a?
Homes Mulleres Total
UDC
Traballo por conta allea a tempo completo 308 236 544
Traballo por conta allea a tempo parcial 33 59 92
Son autónomo/a ou empresario/a 13 9 22
Total 354 304 658
Enxeñaría e Arquitectura
Traballo por conta allea a tempo completo 194 78 272
Traballo por conta allea a tempo parcial 8 8 16
Son autónomo/a ou empresario/a 5 0 5
Total 207 86 293
Grao en Arquitectura Técnica
Traballo por conta allea a tempo completo 6 8 14
Traballo por conta allea a tempo parcial 0 0 0
Son autónomo/a ou empresario/a 1 0 1
Total 7 8 15
Táboa 5: E traballas a tempo parcial porque é o que queres ou porque non atopaches un traballo a tempo completo?
Homes Mulleres Total
UDC
Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) 21 36 57
Porque non atopo un emprego a tempo completo 6 18 24
Outras situacións 6 5 11
Total 33 59 92
Enxeñaría e Arquitectura
Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) 7 7 14
Porque non atopo un emprego a tempo completo 1 0 1
Outras situacións 0 1 1
Total 8 8 16
Grao en Arquitectura Técnica
Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) 0 0 0
Porque non atopo un emprego a tempo completo 0 0 0
Outras situacións 0 0 0
Total 0 0 0
Táboa 6: Traballas na Administración Pública, como funcionario/a de carreira, interino/a ou en calquera outra situación laboral?
Homes Mulleres Total
UDC
Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira 5 3 8
Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a 7 5 12
Si, son empregado/a público: laboral indefinido 5 8 13
Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino 14 24 38
Non, non traballo como empregado público 310 255 565
Total 341 295 636
Enxeñaría e Arquitectura
Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira 2 0 2
Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a 4 1 5
Si, son empregado/a público: laboral indefinido 4 4 8
Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino 5 2 7
Non, non traballo como empregado público 187 79 266
Total 202 86 288
Grao en Arquitectura Técnica
Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira 0 0 0
Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a 0 0 0
Si, son empregado/a público: laboral indefinido 0 0 0
Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino 0 0 0
Non, non traballo como empregado público 6 8 14
Total 6 8 14
Táboa 7: E o teu contrato é…
Homes Mulleres Total
UDC
Temporal 47 53 100
Indefinido 202 143 345
Fixo discontinuo 13 14 27
Formativo (Prácticas) 47 45 92
Estou a traballar sen un contrato regular 1 0 1
Total 310 255 565
Enxeñaría e Arquitectura
Temporal 17 14 31
Indefinido 139 44 183
Fixo discontinuo 5 1 6
Formativo (Prácticas) 26 20 46
Estou a traballar sen un contrato regular 0 0 0
Total 187 79 266
Grao en Arquitectura Técnica
Temporal 1 0 1
Indefinido 4 6 10
Fixo discontinuo 0 0 0
Formativo (Prácticas) 1 2 3
Estou a traballar sen un contrato regular 0 0 0
Total 6 8 14
Táboa 8: E es autónomo/a ou empresario/a porque queres ou porque non atopaches un traballo por conta allea?
Homes Mulleres Total
UDC
Porque é o que quero 6 3 9
Porque non atopo un traballo por conta allea 3 3 6
Outras situacións 4 3 7
Total 13 9 22
Enxeñaría e Arquitectura
Porque é o que quero 3 0 3
Porque non atopo un traballo por conta allea 0 0 0
Outras situacións 2 0 2
Total 5 0 5
Grao en Arquitectura Técnica
Porque é o que quero 1 0 1
Porque non atopo un traballo por conta allea 0 0 0
Outras situacións 0 0 0
Total 1 0 1
Táboa 9: Poderías dicirme cal é a túa ocupación?
Homes Mulleres Total
UDC
0 - Ocupacións militares 3 1 4
1 - Directores e xerentes 15 6 21
2 - Profesionais científicos e intelectuais 138 114 252
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio 150 105 255
4 - Persoal de apoio administrativo 25 36 61
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados 17 40 57
7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios 2 0 2
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores 2 0 2
9 - Ocupacións elementais 2 2 4
Total 354 304 658
Enxeñaría e Arquitectura
0 - Ocupacións militares 1 0 1
1 - Directores e xerentes 12 2 14
2 - Profesionais científicos e intelectuais 94 35 129
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio 89 44 133
4 - Persoal de apoio administrativo 4 2 6
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados 4 3 7
7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios 1 0 1
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores 2 0 2
9 - Ocupacións elementais 0 0 0
Total 207 86 293
Grao en Arquitectura Técnica
0 - Ocupacións militares 0 0 0
1 - Directores e xerentes 2 1 3
2 - Profesionais científicos e intelectuais 1 2 3
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio 3 5 8
4 - Persoal de apoio administrativo 1 0 1
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados 0 0 0
7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios 0 0 0
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores 0 0 0
9 - Ocupacións elementais 0 0 0
Total 7 8 15
Táboa 10: Onde estás a desenvolver a túa actividade laboral actual?
Homes Mulleres Total
UDC
Na provincia da Coruña 241 229 470
En Galicia, pero non na Coruña 45 33 78
No resto de España 55 35 90
Noutro país da Unión Europea 10 5 15
No resto do mundo 3 2 5
Total 354 304 658
Enxeñaría e Arquitectura
Na provincia da Coruña 138 58 196
En Galicia, pero non na Coruña 26 13 39
No resto de España 33 12 45
Noutro país da Unión Europea 7 1 8
No resto do mundo 3 2 5
Total 207 86 293
Grao en Arquitectura Técnica
Na provincia da Coruña 5 4 9
En Galicia, pero non na Coruña 1 2 3
No resto de España 1 2 3
Noutro país da Unión Europea 0 0 0
No resto do mundo 0 0 0
Total 7 8 15
Táboa 11: Poderías valorar, nunha escala de 0 a 10, a túa satisfacción global co traballo que realizas?
Homes Mulleres Total
UDC
0 0 3 3
1 0 1 1
2 2 2 4
3 1 1 2
4 2 5 7
5 5 1 6
6 23 21 44
7 60 56 116
8 132 107 239
9 84 62 146
10 45 45 90
Total 354 304 658
Enxeñaría e Arquitectura
0 0 0 0
1 0 0 0
2 1 0 1
3 1 0 1
4 1 0 1
5 3 0 3
6 9 5 14
7 33 12 45
8 75 34 109
9 53 24 77
10 31 11 42
Total 207 86 293
Grao en Arquitectura Técnica
0 0 0 0
1 0 0 0
2 0 0 0
3 0 0 0
4 0 0 0
5 0 0 0
6 0 0 0
7 1 1 2
8 2 4 6
9 3 3 6
10 1 0 1
Total 7 8 15
Táboa 12: Podería dicirme canto diñeiro gañas máis ou menos ao mes (en euros, neto, tras descontos)?
Homes Mulleres Total
UDC
Menos de 500 8 20 28
Entre 500 e 1000 56 80 136
Entre 1001 e 1500 145 131 276
Entre 1501 e 2000 91 53 144
Entre 2001 e 2500 27 13 40
Entre 2501 e 3000 13 4 17
Entre 3001 e 3500 8 2 10
Máis de 3500 6 1 7
Total 354 304 658
Enxeñaría e Arquitectura
Menos de 500 2 2 4
Entre 500 e 1000 14 15 29
Entre 1001 e 1500 79 40 119
Entre 1501 e 2000 66 21 87
Entre 2001 e 2500 21 2 23
Entre 2501 e 3000 12 3 15
Entre 3001 e 3500 8 2 10
Máis de 3500 5 1 6
Total 207 86 293
Grao en Arquitectura Técnica
Menos de 500 0 0 0
Entre 500 e 1000 1 0 1
Entre 1001 e 1500 3 6 9
Entre 1501 e 2000 2 2 4
Entre 2001 e 2500 1 0 1
Entre 2501 e 3000 0 0 0
Entre 3001 e 3500 0 0 0
Máis de 3500 0 0 0
Total 7 8 15