O compromiso da UDC coa mellora da empregabilidade do seu alumnado egresado xerou una crecente demanda de datos de calidade sobre a súa transición ao mercado de traballo. Para dar resposta a esa demanda, o Observatorio Ocupacional da UDC publica anualmente os resultados do seu estudo de inserción laboral. Este estudo céntrase na cohorte do curso anterior, é dicir, analiza a inserción do alumnado egresado de grao e máster un ano despois do seu egreso. Unha das virtudes fundamentais deste estudo é que persegue xerar non só una mostra representativa a nivel do conxunto da universidade, senón tamén a nivel de cada una das titulacións. Co fin de profundar no compromiso do Observatorio por xerar datos útiles, o estudo incorpora, xunto co estudo a nivel da UDC, un estudo detallado para cada unha das titulacións.
Desde o Observatorio Ocupacional da UDC esperamos que o informe xeral, así como os informes particulares das titulacións, acheguen informacións útiles a toda a comunidade da UDC. Aos estudantes e futuros estudantes, os datos que aquí se presentan poderían axudalos/as a tomaren decisións máis informadas sobre o seu futuro profesional. Ás facultades e departamentos e, en xeral, a todos os organismos unipersonais e colectivos da UDC que teñen algún papel no deseño das titulacións, poderían facilitarlles a tarefa de expor medidas encamiñadas á mellora da empregabilidade do alumnado unha vez titulado.
Neste informe preséntanse os datos de inserción laboral dos egresados do Máster Universitario en Arquitectura da UDC que finalizaron os seus estudos no curso 2022-23. A finalidade básica do informe é ofrecer información útil para a mellora das medidas encamiñadas a mellorar a empregabilidade de nosos egresados. Os obxectivos específicos do informe son os seguintes:
O estudo realizouse mediante a administración dun cuestionario deseñado a partir dos traballos anteriores do Observatorio Ocupacional, así como das recomendacións da Rede de Observatorios de Emprego das universidades españolas.
A poboación obxecto de estudo defínese como o total de alumnado egresado de titulacións de grao e máster da Universidade da Coruña no curso 2022-23. É dicir, a poboación atópase, no momento do estudo, a unha media de 12 meses da data da súa de finalización dos estudos.
O universo está composto por 3200 alumnos/as da UDC (2085 de grao e 1115 de máster). Co obxectivo de obter mostras representativas a nivel de titulación, calculouse un tamaño da mostra para cada unha delas. O sumatorio destas mostras de titulación xerou unha mostra total de 548 egresados do grao e 401 de máster. A nivel de confianza do 95 %, estas mostras nos permiten realizar estimacións para o conxunto dos titulados de grao cunha marxe de erro do 3.6 % e para o conxunto da poboación de egresados de máster cunha marxe de erro do 3.9 %.
A mostra de cada titulación calculouse coa fórmula habitual:
\[ n = \frac {{N}\frac{Z^2p(1-p)}{e^2}} {\frac{Z^2p(1-p)}{e^2}+N-1} \]
Onde N é o total de egresados da titulación durante o curso 22/23, p=0.5, o valor de Z é o correspondente ao nivel de confianza do 95 % (1.96), e o valor de e o correspondente á marxe de erro do 3 % (0.03). Tras o traballo de campo, o tamaño da mostra finalmente obtida foi de 949 (548 de grao e 401 de máster).
Na seguinte táboa pode observarse o universo dos egresados de máster, a mostra finalmente obtida en cada una das titulacións e a marxe de erro para cada unha delas. A marxe de erro calculouse aplicando o factor de corrección para poboacións finitas.
| Estudo | Universo | Mostra | Marxe de erro |
|---|---|---|---|
| Máster Universitario en Acuicultura | 7 | 0 | Inf% |
| Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade | 1 | 0 | Inf% |
| Máster Universitario en Arquitectura | 45 | 39 | 5.8% |
| Máster Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial | 3 | 1 | 98.0% |
| Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria | 34 | 4 | 46.7% |
| Máster Universitario en Avogacía | 66 | 46 | 8.0% |
| Máster Universitario en Banca e Finanzas | 22 | 5 | 39.4% |
| Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión | 7 | 5 | 25.3% |
| Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde | 22 | 5 | 39.4% |
| Máster Universitario en Bioloxía Mariña | 8 | 2 | 64.2% |
| Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética | 21 | 0 | Inf% |
| Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada | 14 | 8 | 23.5% |
| Máster Universitario en Ciberseguridade | 15 | 9 | 21.4% |
| Máster Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental | 21 | 7 | 31.0% |
| Máster Universitario en Computación de Altas Prestacións / High Performance Computing | 14 | 4 | 43.0% |
| Máster Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas | 20 | 8 | 27.5% |
| Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial | 21 | 4 | 45.2% |
| Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos | 24 | 8 | 28.9% |
| Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas | 24 | 6 | 35.4% |
| Máster Universitario en Dirección integrada de proxectos | 24 | 11 | 22.2% |
| Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares | 1 | 1 | 0.0% |
| Máster Universitario en Discapacidade e Dependencia | 20 | 3 | 53.5% |
| Máster Universitario en Economía | 2 | 0 | Inf% |
| Máster Universitario en Edificación Sostible | 16 | 5 | 37.5% |
| Máster Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético | 7 | 0 | Inf% |
| Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade | 12 | 1 | 98.0% |
| Máster Universitario en Enxeñaría da Auga pola Universidade da Coruña e Hochschule Magdeburg-Stendal (Fh)(Alemania) | 13 | 1 | 98.0% |
| Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos | 13 | 12 | 8.2% |
| Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial | 2 | 1 | 98.0% |
| Máster Universitario en Enxeñaría Industrial | 10 | 9 | 10.9% |
| Máster Universitario en Enxeñaría Informática | 28 | 25 | 6.5% |
| Máster Universitario en Enxeñaría Mariña | 10 | 7 | 21.4% |
| Máster Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica | 11 | 6 | 28.3% |
| Máster Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas | 16 | 4 | 43.8% |
| Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías | 22 | 3 | 53.8% |
| Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións | 9 | 3 | 49.0% |
| Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica | 12 | 2 | 66.1% |
| Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria | 23 | 14 | 16.8% |
| Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde | 7 | 2 | 63.3% |
| Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial | 12 | 5 | 35.0% |
| Máster Universitario en Lingüística Aplicada | 5 | 1 | 98.0% |
| Máster Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade | 12 | 3 | 51.2% |
| Máster Universitario en Matemática Industrial | 4 | 0 | Inf% |
| Máster Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía | 4 | 0 | Inf% |
| Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social | 10 | 5 | 32.7% |
| Máster Universitario en Náutica e Transporte Marítimo | 6 | 3 | 43.8% |
| Máster Universitario en Neurociencia | 3 | 0 | Inf% |
| Máster Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos | 18 | 3 | 53.1% |
| Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria | 32 | 9 | 28.1% |
| Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns | 30 | 12 | 22.3% |
| Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual | 29 | 1 | 98.0% |
| Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas | 176 | 65 | 9.7% |
| Máster Universitario en Psicoloxía Aplicada | 20 | 4 | 45.0% |
| Máster Universitario en Psicopedagoxía | 33 | 4 | 46.6% |
| Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica | 11 | 2 | 65.7% |
| Máster Universitario en Técnicas Estatísticas | 13 | 4 | 42.4% |
| Máster Universitario en Visión por Computador | 7 | 4 | 34.6% |
| Máster Universitario en Xerontoloxía | 7 | 0 | Inf% |
| Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral | 15 | 4 | 43.4% |
| Master Universitario Erasmus Mundus en Sostibilidade e Industria 4.0 aplicada ao Sector Marítimo | 21 | 1 | 98.0% |
O traballo de campo consistiu na realización de entrevistas telefónicas asistidas por computador entre o 22 e o 31 de xullo de 2024 e foi realizado pola empresa de estudos de mercado e enquisas IDEARA S.L. O tratamento dos datos de contacto de egresados regulouse mediante un contrato de tratamento de datos persoais entre a UDC e a empresa, de acordo coa normativa vixente. O protocolo de contactos para a realización da enquisa prevía un mínimo de tres intentos de contacto en horas e días distintos por cada persoa seleccionada de maneira aleatoria, antes de descartar esa persoa de forma definitiva para a súa inclusión na mostra.
O número de egresados e/ou de egresados enquisados nalgunhas titulacións é baixo, o que non permite estimacións adecuadas. Ademais, mostras tan reducidas poderían permitir a identificación das persoas a partir das respostas, polo que se decidiu seguir o criterio establecido nos informes de anos anteriores e non elaborar informe detallado para aquelas titulacións cunha mostra inferior a 10, aínda que os datos destas titulacións si computan nos cálculos globais da UDC e nos referidos a cada rama de coñecemento.
Nesta sección preséntanse os datos de inserción laboral dos titulados do Máster Universitario en Arquitectura. Seguindo as definicións habituais, enténdese por activos o conxunto de egresados que, no momento de realización da entrevista, declaran ter un emprego por conta propia ou allea ou, de non facelo, declaran estar a buscar traballo de forma activa. Son inactivos, por tanto, aqueles egresados que, no momento de realización da entrevista, non tiñan emprego nin o buscaban activamente. Considéranse ocupados aqueles que, no momento da enquisa, declaran ter un traballo por conta allea ou exercer unha actividade por conta propia. Os parados son aqueles que declararon na enquisa non ter, pero están a buscar activamente, un emprego.
Podemos estimar a inserción laboral dos egresados, empregando os datos da nosa mostra, mediante as seguintes taxas:
Para facilitar a interpretación dos datos:
\[ p \pm Z {\sqrt{ \frac {p(1-p)}{n}}} \frac {N-n}{N-1} \]
Figura 1: Taxa de actividade dos egresados de máster
Para valorar adecuadamente estas taxas, e especialmente a taxa de actividade, é importante considerar que nalgunhas titulacións a continuación dos estudos é obrigatoria ou altamente recomendada para o exercicio da profesión e que, ademais, existen titulacións nas cales é máis frecuente a formación de profesionais que orientarán a súa carreira cara á Función Pública. Por iso, é importante contextualizar a interpretación da taxa de inactividade e coñecer as razóns polas que os egresados inactivos non buscan un emprego. A seguinte figura presenta as razóns polas que os titulados inactivos do Máster Universitario en Arquitectura non buscan activamente un emprego.
Figura 2: Motivos polos que os titulados de máster inactivos non buscan emprego
Co obxectivo de analizar as ocupacións dos egresados, preguntouse na enquisa cal era a ocupación desempeñada no momento da entrevista. Esta ocupación, posteriormente, reclasificouse conforme as categorías da Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO-11). No seu nivel de xeneralización máis alto, a CNO-11 distingue entre os seguintes grandes grupos ocupacionais:
1 - Directores e xerentes
2 - Profesionais científicos e intelectuais
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio
4 - Persoal de apoio administrativo
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados
6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros
7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores
9 - Ocupacións elementais
0 - Ocupacións militares
A continuación, pode observarse a distribución dos egresados ocupados do Máster Universitario en Arquitectura nestes grandes grupos ocupacionais.
Figura 3: Distribución dos egresados de máster ocupados nos grandes grupos ocupacionais
A CNO-11 herda da clasificación internacional CIUO-08 (Clasificación Internacional Uniforme de Ocupacións) unha estrutura xerárquica baseada no nivel de competencias requiridas para cada grupo ocupacional, distinguindo entre catro niveis, por orde crecente. O nivel de competencias defínese como unha medida da complexidade e diversidade das tarefas que se realizan nunha ocupación.
Os niveis de competencias de cada ocupación asígnanse en función de distintos compoñentes: a natureza do traballo en relación coas tarefas que o caracterizan, o nivel de instrución formal necesaria para desempeñar as tarefas e a cantidade de formación no emprego ou a experiencia previa que se consideran necesarias.
As ocupacións do nivel de competencias 1 xeralmente requiren a realización de tarefas físicas manuais, simples e rutineiras. Con respecto ao nivel de educación requirido, poderíase esixir o ciclo completo de educación primaria ou o primeiro ciclo de educación básica.
As ocupacións do nivel de competencias 2 requiren tarefas como operar maquinaria e equipos electrónicos, conducir vehículos, manter e reparar equipos eléctricos e mecánicos, e manexar e almacenar información. Neste nivel requírense competencias como a comprensión lectora ou a redacción de informes, ademais dun alto nivel de destreza manual. O nivel de competencia 2, xeralmente, obtense co primeiro ciclo de educación secundaria, que pode incluír algún elemento de formación profesional especializada.
As ocupacións do nivel de competencias 3 implican o desempeño de tarefas técnicas e prácticas complexas que requiren un conxunto de coñecementos específicos nunha área especializada. En xeral, estas ocupacións requiren un alto nivel de educación: as habilidades requiridas xeralmente obtéñense despois de completar os estudos nunha institución de educación superior, logo de completar a escola secundaria, por un período de 1 a 3 anos.
Finalmente, as ocupacións do nivel de competencia 4 poden requirir o desempeño de tarefas que requiran a toma de decisións e a resolución de problemas complexos utilizando amplos coñecementos teóricos e prácticos nunha área. As tarefas xeralmente inclúen análises e investigación, transmisión de coñecemento, deseño de estruturas ou maquinaria. Con respecto á formación requirida, as competencias deste nivel adoitan obterse tras a finalización do nivel superior de educación e a obtención dun diploma ou título superior. De feito, en moitos casos, as cualificacións formais son un requisito para acceder a ocupacións deste nivel de competencias.
Os grandes grupos ocupacionais 1, 2 e 3 da CNO-11 son os que requiren os niveis de competencias máis altos e que, en xeral, requiren un nivel alto ou moi alto de instrución (os niveis 3 e 4 segundo a clasificación de competencias antes exposta). Por iso, podemos medir o grao de adecuación profesional dos egresados mediante un cociente de adecuación ( CocAdec ) definido nos seguintes termos:
\[ CocAdec = \frac {\text{Egresados ocupados nos grupos ocupacionais 1, 2 e 3 da CNO-11}}{\text{Total de egresados ocupados}} \]
Os resultados obtidos neste nivel de adecuación profesional para os egresados do Máster Universitario en Arquitectura son os seguintes:
Figura 4: Cociente de adecuación da ocupación dos egresados de máster
Nun informe recente elaborado polo Observatorio Ocupacional da UDC, que emprega datos do Proxecto GUESSS, observouse que o 11,2 % dos estudantes da UDC tiñan intención de crear a súa propia empresa ao final dos seus estudos (pode consultarse o estudo aquí). Resulta interesante comparar esas intencións coa realidade dos egresados un ano despois da data do seu egreso. Na seguinte figura preséntase a porcentaxe de egresados do Máster Universitario en Arquitectura ocupados que están autoempregados.
Figura 5: Porcentaxe de ocupados por conta propia entre os egresados de máster ocupados
Aínda que con frecuencia se insiste na importancia da estimulación do autoemprego, resulta de vital importancia que a universidade tamén forme profesionais capaces de contribuíren ao fortalecemento e ao bo funcionamento da nosa Administración pública. Por iso, presentamos a seguir os datos que nos permiten estimar cal é a contribución do Máster Universitario en Arquitectura a ese fortalecemento do sector público, formando profesionais capaces de integrarse en empregos públicos.
Figura 6: Porcentaxe de empregados públicos entre os egresados de máster ocupados
Una das principais dimensións da precariedade laboral é a inestabilidade contractual dos ocupados. Para coñecer como afecta esta dimensión da precariedade aos titulados do Máster Universitario en Arquitectura, presentamos na seguinte figura as porcentaxes de traballadores con contratos indefinidos, temporais, fixos discontinuos, formativos e irregulares entre os egresados de máster que están ocupados e traballan con por conta allea no sector privado.
Figura 7: Tipo de contrato dos egresados de máster ocupados que traballan por conta allea no sector privado
Na seguinte figura preséntanse os datos relativos á xornada laboral dos egresados de máster ocupados por conta allea da UDC, distinguindo entre aqueles que están en empregos a xornada completa (30 horas semanais ou máis) e aqueloutros que están en empregos a xornada parcial (menos de 30 horas semanais).
Figura 8: Egresados de máster ocupados por conta allea a tempo completo e a tempo parcial
A mobilidade é un dos factores máis relevantes á hora de coñecer as características da transición á vida laboral dos egresados. Por unha banda, a capacidade dun territorio e as súas universidades de xeraren e reteren talento é fundamental e, pola outra, a formación de profesionais capaces de desempeñar o seu labor en contextos afastados social, económica e culturalmente é tamén un indicador de éxito da institución.
Figura 9: Mobilidade dos egresados de máster ocupados
As remuneracións obtidas son probablemente o indicador máis obvio da calidade do emprego obtido. Por iso, expúxose na enquisa unha pregunta aos ocupados sobre as ganancias netas mensuais que obtiñan. As opcións de resposta que se ofrecían eran as seguintes:
Figura 10: Ingresos dos egresados de máster ocupados
Como era de esperar, un ano despois da data de egreso, os niveis salariais dificilmente chegan aos intervalos salariais máis altos. O valor do dato é, probablemente, comparativo: permítenos comparar a rapidez no acceso aos niveis salariais altos entre homes e mulleres e entre egresados do Máster Universitario en Arquitectura e egresados da súa rama de coñecemento.
Por último, incorporouse unha pregunta relativa ao grao de satisfacción laboral dos ocupados, nunha escala de 0 a 10.
O seguinte gráfico mostra a distribución das respostas dadas polos egresados ocupados do Máster Universitario en Arquitectura á devandita pregunta. O “violín plot” permítenos estudar a densidade das respostas e o “boxplot” que se inclúe no interior, a distribución dos cuartiles. A liña descontinua indica a media da distribución.
Figura 11: Satisfacción co emprego dos egresados de máster ocupados
Nesta sección preséntanse os resultados en bruto das respostas dadas polos egresados do Máster Universitario en Arquitectura ás preguntas do cuestionario.
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Estou a traballar | 149 | 155 | 304 |
| Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa | 22 | 22 | 44 |
| Non estou a traballar e non estou a buscar emprego | 22 | 31 | 53 |
| Total | 193 | 208 | 401 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Estou a traballar | 96 | 46 | 142 |
| Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa | 7 | 1 | 8 |
| Non estou a traballar e non estou a buscar emprego | 2 | 4 | 6 |
| Total | 105 | 51 | 156 |
| Máster Universitario en Arquitectura | |||
| Estou a traballar | 14 | 23 | 37 |
| Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa | 0 | 0 | 0 |
| Non estou a traballar e non estou a buscar emprego | 1 | 1 | 2 |
| Total | 15 | 24 | 39 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Estou a preparar oposicións | 11 | 19 | 30 |
| Estou a realizar outros estudos | 0 | 0 | 0 |
| Outros motivos | 11 | 12 | 23 |
| Total | 22 | 31 | 53 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Estou a preparar oposicións | 0 | 0 | 0 |
| Estou a realizar outros estudos | 0 | 0 | 0 |
| Outros motivos | 2 | 4 | 6 |
| Total | 2 | 4 | 6 |
| Máster Universitario en Arquitectura | |||
| Estou a preparar oposicións | 0 | 0 | 0 |
| Estou a realizar outros estudos | 0 | 0 | 0 |
| Outros motivos | 1 | 1 | 2 |
| Total | 1 | 1 | 2 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Traballo por conta allea a tempo completo | 128 | 120 | 248 |
| Traballo por conta allea a tempo parcial | 4 | 22 | 26 |
| Son autónomo/a ou empresario/a | 17 | 13 | 30 |
| Total | 149 | 155 | 304 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Traballo por conta allea a tempo completo | 88 | 40 | 128 |
| Traballo por conta allea a tempo parcial | 1 | 1 | 2 |
| Son autónomo/a ou empresario/a | 7 | 5 | 12 |
| Total | 96 | 46 | 142 |
| Máster Universitario en Arquitectura | |||
| Traballo por conta allea a tempo completo | 9 | 19 | 28 |
| Traballo por conta allea a tempo parcial | 1 | 1 | 2 |
| Son autónomo/a ou empresario/a | 4 | 3 | 7 |
| Total | 14 | 23 | 37 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) | 3 | 15 | 18 |
| Porque non atopo un emprego a tempo completo | 0 | 5 | 5 |
| Outras situacións | 1 | 2 | 3 |
| Total | 4 | 22 | 26 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) | 1 | 0 | 1 |
| Porque non atopo un emprego a tempo completo | 0 | 0 | 0 |
| Outras situacións | 0 | 1 | 1 |
| Total | 1 | 1 | 2 |
| Máster Universitario en Arquitectura | |||
| Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) | 1 | 0 | 1 |
| Porque non atopo un emprego a tempo completo | 0 | 0 | 0 |
| Outras situacións | 0 | 1 | 1 |
| Total | 1 | 1 | 2 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira | 1 | 6 | 7 |
| Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a | 2 | 1 | 3 |
| Si, son empregado/a público: laboral indefinido | 0 | 0 | 0 |
| Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino | 12 | 8 | 20 |
| Non, non traballo como empregado público | 117 | 127 | 244 |
| Total | 132 | 142 | 274 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira | 1 | 0 | 1 |
| Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a | 2 | 0 | 2 |
| Si, son empregado/a público: laboral indefinido | 0 | 0 | 0 |
| Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino | 7 | 0 | 7 |
| Non, non traballo como empregado público | 79 | 41 | 120 |
| Total | 89 | 41 | 130 |
| Máster Universitario en Arquitectura | |||
| Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira | 0 | 0 | 0 |
| Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a | 0 | 0 | 0 |
| Si, son empregado/a público: laboral indefinido | 0 | 0 | 0 |
| Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino | 0 | 0 | 0 |
| Non, non traballo como empregado público | 10 | 20 | 30 |
| Total | 10 | 20 | 30 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Temporal | 15 | 18 | 33 |
| Indefinido | 85 | 79 | 164 |
| Fixo discontinuo | 2 | 3 | 5 |
| Formativo (Prácticas) | 4 | 12 | 16 |
| Estou a traballar sen un contrato regular | 0 | 1 | 1 |
| Total | 106 | 113 | 219 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Temporal | 7 | 4 | 11 |
| Indefinido | 61 | 25 | 86 |
| Fixo discontinuo | 0 | 0 | 0 |
| Formativo (Prácticas) | 1 | 7 | 8 |
| Estou a traballar sen un contrato regular | 0 | 0 | 0 |
| Total | 69 | 36 | 105 |
| Máster Universitario en Arquitectura | |||
| Temporal | 2 | 2 | 4 |
| Indefinido | 7 | 10 | 17 |
| Fixo discontinuo | 0 | 0 | 0 |
| Formativo (Prácticas) | 0 | 7 | 7 |
| Estou a traballar sen un contrato regular | 0 | 0 | 0 |
| Total | 9 | 19 | 28 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Porque é o que quero | 10 | 10 | 20 |
| Porque non atopo un traballo por conta allea | 6 | 2 | 8 |
| Outras situacións | 1 | 1 | 2 |
| Total | 17 | 13 | 30 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Porque é o que quero | 5 | 4 | 9 |
| Porque non atopo un traballo por conta allea | 2 | 0 | 2 |
| Outras situacións | 0 | 1 | 1 |
| Total | 7 | 5 | 12 |
| Máster Universitario en Arquitectura | |||
| Porque é o que quero | 4 | 2 | 6 |
| Porque non atopo un traballo por conta allea | 0 | 0 | 0 |
| Outras situacións | 0 | 1 | 1 |
| Total | 4 | 3 | 7 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| 1 - Directores e xerentes | 0 | 1 | 1 |
| 2 - Profesionais científicos e intelectuais | 100 | 88 | 188 |
| 3 - Técnicos e profesionais de nivel medio | 38 | 46 | 84 |
| 4 - Persoal de apoio administrativo | 9 | 10 | 19 |
| 5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados | 1 | 7 | 8 |
| 6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros | 1 | 1 | 2 |
| 7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios | 0 | 0 | 0 |
| 8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores | 0 | 1 | 1 |
| 9 - Ocupacións elementais | 0 | 1 | 1 |
| 0 - Ocupacións militares | 0 | 0 | 0 |
| Total | 149 | 155 | 304 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| 1 - Directores e xerentes | 0 | 0 | 0 |
| 2 - Profesionais científicos e intelectuais | 74 | 28 | 102 |
| 3 - Técnicos e profesionais de nivel medio | 21 | 17 | 38 |
| 4 - Persoal de apoio administrativo | 0 | 0 | 0 |
| 5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados | 0 | 0 | 0 |
| 6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros | 1 | 1 | 2 |
| 7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios | 0 | 0 | 0 |
| 8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores | 0 | 0 | 0 |
| 9 - Ocupacións elementais | 0 | 0 | 0 |
| 0 - Ocupacións militares | 0 | 0 | 0 |
| Total | 96 | 46 | 142 |
| Máster Universitario en Arquitectura | |||
| 1 - Directores e xerentes | 0 | 0 | 0 |
| 2 - Profesionais científicos e intelectuais | 12 | 17 | 29 |
| 3 - Técnicos e profesionais de nivel medio | 2 | 6 | 8 |
| 4 - Persoal de apoio administrativo | 0 | 0 | 0 |
| 5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados | 0 | 0 | 0 |
| 6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros | 0 | 0 | 0 |
| 7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios | 0 | 0 | 0 |
| 8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores | 0 | 0 | 0 |
| 9 - Ocupacións elementais | 0 | 0 | 0 |
| 0 - Ocupacións militares | 0 | 0 | 0 |
| Total | 14 | 23 | 37 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Na provincia da Coruña | 106 | 130 | 236 |
| En Galicia, pero non na Coruña | 20 | 15 | 35 |
| No resto de España | 20 | 4 | 24 |
| Noutro país da Unión Europea | 3 | 4 | 7 |
| No resto do mundo | 0 | 2 | 2 |
| Total | 149 | 155 | 304 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Na provincia da Coruña | 67 | 38 | 105 |
| En Galicia, pero non na Coruña | 14 | 4 | 18 |
| No resto de España | 13 | 2 | 15 |
| Noutro país da Unión Europea | 2 | 1 | 3 |
| No resto do mundo | 0 | 1 | 1 |
| Total | 96 | 46 | 142 |
| Máster Universitario en Arquitectura | |||
| Na provincia da Coruña | 8 | 20 | 28 |
| En Galicia, pero non na Coruña | 6 | 1 | 7 |
| No resto de España | 0 | 1 | 1 |
| Noutro país da Unión Europea | 0 | 1 | 1 |
| No resto do mundo | 0 | 0 | 0 |
| Total | 14 | 23 | 37 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| 0 | 0 | 0 | 0 |
| 1 | 0 | 1 | 1 |
| 2 | 0 | 0 | 0 |
| 3 | 0 | 2 | 2 |
| 4 | 1 | 1 | 2 |
| 5 | 2 | 2 | 4 |
| 6 | 6 | 7 | 13 |
| 7 | 26 | 25 | 51 |
| 8 | 51 | 55 | 106 |
| 9 | 39 | 31 | 70 |
| 10 | 24 | 31 | 55 |
| Total | 149 | 155 | 304 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| 0 | 0 | 0 | 0 |
| 1 | 0 | 0 | 0 |
| 2 | 0 | 0 | 0 |
| 3 | 0 | 0 | 0 |
| 4 | 0 | 0 | 0 |
| 5 | 2 | 0 | 2 |
| 6 | 2 | 2 | 4 |
| 7 | 18 | 11 | 29 |
| 8 | 35 | 19 | 54 |
| 9 | 25 | 7 | 32 |
| 10 | 14 | 7 | 21 |
| Total | 96 | 46 | 142 |
| Máster Universitario en Arquitectura | |||
| 0 | 0 | 0 | 0 |
| 1 | 0 | 0 | 0 |
| 2 | 0 | 0 | 0 |
| 3 | 0 | 0 | 0 |
| 4 | 0 | 0 | 0 |
| 5 | 0 | 0 | 0 |
| 6 | 0 | 2 | 2 |
| 7 | 3 | 8 | 11 |
| 8 | 6 | 6 | 12 |
| 9 | 4 | 3 | 7 |
| 10 | 1 | 4 | 5 |
| Total | 14 | 23 | 37 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Menos de 500 | 9 | 5 | 14 |
| Entre 500 e 1000 | 9 | 28 | 37 |
| Entre 1001 e 1500 | 43 | 72 | 115 |
| Entre 1501 e 2000 | 58 | 42 | 100 |
| Entre 2001 e 2500 | 17 | 5 | 22 |
| Entre 2501 e 3000 | 7 | 0 | 7 |
| Entre 3001 e 3500 | 4 | 0 | 4 |
| Máis de 3500 | 2 | 3 | 5 |
| Total | 149 | 155 | 304 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Menos de 500 | 6 | 2 | 8 |
| Entre 500 e 1000 | 4 | 4 | 8 |
| Entre 1001 e 1500 | 16 | 20 | 36 |
| Entre 1501 e 2000 | 44 | 17 | 61 |
| Entre 2001 e 2500 | 15 | 2 | 17 |
| Entre 2501 e 3000 | 5 | 0 | 5 |
| Entre 3001 e 3500 | 4 | 0 | 4 |
| Máis de 3500 | 2 | 1 | 3 |
| Total | 96 | 46 | 142 |
| Máster Universitario en Arquitectura | |||
| Menos de 500 | 1 | 0 | 1 |
| Entre 500 e 1000 | 4 | 4 | 8 |
| Entre 1001 e 1500 | 3 | 12 | 15 |
| Entre 1501 e 2000 | 6 | 7 | 13 |
| Entre 2001 e 2500 | 0 | 0 | 0 |
| Entre 2501 e 3000 | 0 | 0 | 0 |
| Entre 3001 e 3500 | 0 | 0 | 0 |
| Máis de 3500 | 0 | 0 | 0 |
| Total | 14 | 23 | 37 |