O mércores 6 de novembro, organízase no Monte da Fraga da UDC xornada para restaurar un elemento singular do patrimonio cultural e ambiental galego como son os valados en pedra seca. Característicos da paisaxe e pezas da tradición, os valados teñen unha grande importancia na conservación da biodiversidade e a preservación do medio natural ligado aos agrosistemas.
Os valados de pedra seca son un exemplo excepcional dunha relación equilibrada entre o ser humano e a natureza, ademais de ter un papel esencial na prevención de escorrentías de terras, inundacións, avalanchas ou no deterioro e erosión do solo. Tamén funcionan como cortaventos e refuxios de especies animais de vertebrados e invertebrados, algúns en situación de vulnerabilidade, e doutros organismos naturais como liques, fungos, fentos, e brións que teñen unha importante función ecolóxica.
As diferentes tipoloxías e materiais, propios de cada zona, conforman a paisaxe galega e identifica os usos tradicionais do solo, sendo esta técnica de construción, a da pedra seca, Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, declarado no ano 2018 pola UNESCO.
Programa:
11.00 - 13:00h. Charla “Valados de Pedra Seca”. Facultade de Ciencias UDC
16.00 - 18:00h. Xornada práctica. Encontro na porta da Fac. de Ciencias UDC
Publicado por: Oficina de Sustentabilidade