XVIII Limpeza Simultánea de Ríos na UDC

12/09/25 13:53

  • Medio ambiente

Mércores, 17 de setembro

A Oficina de Sustentabilidade da UDC participa nesta XVIII convocatoria de voluntariado ambiental que se desenvolverá o vindeiro mércores, 17 de setembro, en horario de 13:00 a 14:00h. nas marxes do Río Lagar ao seu paso polo Campus de Elviña.
 
Punto de encontro: Entrada principal da Facultade de Economía e Empresa (Campus Elviña).
 
Para participar é preciso inscribirse en oficina.sustentabilidade@udc.gal, indicando nome e apelidos, NIF e correo de contacto.
 
Máis información na web da limpeza do Proxecto Ríos.
 
Anímate a participar!!

 

O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.

O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e comprobamos que as pequenas accións valen moito.

 Cartaz da actividade

Publicado por: Oficina de Sustentabilidade