XI Limpeza Simultánea de Ríos

21/09/18 14:07
  • Medio ambiente

Xornada de voluntariado en limpeza de ríos o 28 de setembro de 11 a 13 h

Este ano 2018 celébrase a undécima edición das limpezas simultáneas de río. Son xa once anos nos que centos de persoas teñen participado nesta xornada de voluntariado de retirada de lixo dos cursos fluviais galegos.

Na UDC esta actividade terá lugar o día 28 de setembro, de 11 a 13h, coordinada pola Oficina de Medio Ambiente, faremos un percuso  pola beira do río Lagar ao seu paso polo campus de Elviña. 

Punto de encontro: Rotonda de Elviña (parada bus UDC: Campus Elviña, pistas)

Para participar é preciso que te inscribas en oma2@udc.gal

Máis información na web da limpeza e no cartaz.

Anímate a participar!!

Publicado por: Oficina de Medio Ambiente