O vindeiro mércores 24 de setembro terá lugar unha actividade de voluntariado ambiental no Monte da Fraga, para a reparación da charca construída ao abeito de Charcas con vida, para a mellora da biodiversidade da contorna. Con estas accións, contrubúese ao seu mantemento para albergar fauna e flora diversa e propia de ecosistemas húmidos.
O programa é o seguinte:
Hora e Punto de encontro: ás 11:00 h, na porta da Facultade de Ciencias (A Zapateira).
Hora estimada de remate: 13:00 h.
Actividade suxeita ao recoñecemento de créditos para o estudantado da UDC (1C=10h. dedicación).
As prazas son limitadas, é necesario anotarse no seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN.
Actividade monitorizada pola Asociación ecoloxista ADEGA, e financiada pola Oficina de Sustentabilidade da UDC, no marco do convenio sectorial de colaboración entre a Concellaría de Medio Ambiente do Concello da Coruña e a Oficina de Sustentabilidade da Universidade da Coruña para a execución do proxecto de custodia e voluntariado ambiental no Monte da Fraga, no ano 2025.
Publicado por: Oficina de Sustentabilidade