Visitas UDC Conecta cos clústeres galegos. Centros de Investigación e SAI

24/02/26 12:27

Do 12 de marzo ao 14 de maio. Cada visita comezará ás 10:00 h, durará 2 horas e media aproximadamente e incluirá café networking.

No marco do Encontro UDC Conecta con clústeres galegos, celebrado o pasado 28 de novembro de 2025, presentamos a folla de ruta de traballo conxunto entre a UDC e os clústeres galegos, na que se incluía a organización de visitas aos nosos centros de investigación e ao SAI.

En desenvolvemento desta folla de ruta, organizamos o seguinte ciclo de visitas:

  • CICA, Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxia. 12 de marzo:
  • CITEEC, Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil. 24 de marzo
  • CITENI, Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais. 8 de abril
  • CITIC, Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicación. 24 de abril
  • SAI, Servizos de Apoio á Investigación. 14 de maio

Todas as visitas comezarán ás 10:00 h, terán unha duración aproximada de 2 horas e media e incluirán un café networking.

O obxectivo é presentar, de maneira directa e aplicada, as capacidades científico-tecnolóxicas da UDC e explorar oportunidades de colaboración.

Para asistir, é necesario que cada persoa participante (tanto do propio clúster como das entidades asociadas ás que se faga extensiva a invitación) cubra individualmente o formulario de inscrición:
https://forms.office.com/e/Weg8Nm0byX?origin=lprLink

Ficha informativa das visitas

Publicado por: Oficina de Transferencia de Coñecemento