Visita inaugural da residencia universitaria Elvira Bao do reitor, do alcalde e do presidente da Deputación

Nota de prensa
9/11/18 13:02
  • Institucional

A Coruña, 9 de novembro de 2018.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, o alcalde, Xulio Ferreiro, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, realizarán este luns, 12 de novembro, unha visita de inauguración á nova residencia universitaria “Elvira Bao” (praza Museo Nacional de Ciencia, número 3).

Ao acto, que será ás 12:30 horas, acudirá tamén a vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC