VISITA DE MAIGHREAD MEDBH A AMERGIN

26/09/25 10:51

O día 25 de setembro ás 13:00, tivo lugar lugar unha conferencia da poeta na Sala Heamus Heaney da Facultade de Filoloxía.

A poetisa irlandesa Maighread Medbh, grazas ao programa POLDRA, programa promovido pola área de Cultura da Deputación da Coruña, e en colaboración co Instituto Universitario Amergin, relatou o proceso de creación do seu último libro coa conferencia “Posthumanist Intimations: The Limits of Nostalgia”, unha reflexión que combinou literatura, pensamento crítico e unha ollada ao futuro dende a memoria.

O Director do Instituto Universitario Amergin, David Clark, fixo a introducción á conferencia na que a escritora, facendo uso das súas coñecidas interpretacións poéticas, fixo partícipe á audiencia presente involucrándoa na lectura dos seus poemas.

Maighread Medbh foi gañadora do premio Ruadh Ó Domhnaill International Poetry Award que lle permitíu realizar unha residencia literaria na cidade da Coruña durante o mes de setembro na Residencia 1863.

 

 

 

Foto 1

O Director do Instituto de Investigación  Amergin, David Clark, facendo entrega dun agasallo a

Maighread Medbh.

Foto 2

Maighread Medbh e David Clark

Foto 3

Maighread Medbh, Mon Rivas da Residencia literaria 1863 e o profesorado da UDC:

David Clark, Miguel Giraldez, María Jesús Lorenzo, José Manuel Estevez e Aoileann Lyons.

 

 

 

Publicado por: Instituto Universitario de Estudos Irlandeses, Amergin