VIII edición do Programa Xuventude Mentoring, un programa de orientación, formación, mentoría e networking

1/10/25 10:13

Dirixido á mocidade universitaria egresada (grao, mestrado, doutoramento) da UDC, de idade comprendida entre 18 e 30 anos.

Queres sentirte máis seguro/a á hora de buscar emprego?

Queres contar cunha persoa titora, mentora, formarte nas ferramentas e recursos para o emprego e mellorar os teus contactos profesionais?

Necesitas saber contactar coas empresas e ter máis oportunidades profesionais?

 O Programa Xuventude Mentoring, impulsado pola Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o CIXUG, en colaboración coa Universidade da Coruña (UDC), a de Santiago (USC) e a de Vigo (UVigo), ofrece:

  • Apoio e asesoramento individualizado cunha persoa titora durante todo o programa
  • Formación en habilidades e ferramentas para a procura de emprego
  • Mentorías individuais con persoas expertas no teu sector económico
  • Visitas a empresas e eventos de networking sobre unha gran variedade de campos e sectores

Toda a información das bases para a inscrición e participación no programa, na seguinte ligazón:
https://lnkd.in/gakiAdHW

Prazo de inscricións até o 27 de outubro ás 23:59
Anímate e participa!


Formulario de inscrición:
https://lnkd.in/gTKegD6K

Publicado por: Emprego