Os traballos deberán destacar polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres. Os dereitos sobre os traballos presentados non poderán estar cedidos a terceiros con carácter de exclusividade. Os traballos deberan ter sido lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante calquera universidade galega durante o curso académico 2024/25.
Os traballos presentaranse en idioma galego ou castelán. No caso de que se presentaren en idioma distinto dos anteriores, deberá achegarse tradución.
As solicitudes axustaranse aos modelos de instancia que figuran como anexos I e II. Coas solicitudes presentarase a seguinte documentación:
Traballos de fin de grao (TFG) e traballos de fin de máster (TFM) en formato papel e en formato electrónico (CD ou pendrive en formato Word, Libreoffice ou LaTeX (anexo I).
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude unicamente a un dos premios.
As solicitudes presentaranse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata o 15 de decembro do 2025
As persoas interesadas poderán consultar as bases da convocatoria no DOG e nas paxinas web do Valedor do Pobo e das universidades galegas.
Bases da Convocatoria VI Edición Premios Valedora do Pobo
Publicado por: Oficina para a Igualdade de Xénero