VI Encontro Solar da UDC: xoves 21 de xuño

18/06/18 12:36
  • Actividade Cultural e social Medio ambiente

Esta actividade forma parte do Proxecto UDC + Fundación Alcoa: Campus, casa, cidade: laboratorios do cambio

Lugar: aparcamento do Xoana Capdevielle (Elviña)
Inscricións: oma2@udc.gal
Instrucións de participación no blogue da OMA

O día escollido é o 21 de xuño, coincidindo co Solsticio de verán, día en que se celebra tamén o Día do Sol no hemisferio norte. 

O obxectivo é darlle visibilidade ao aproveitamento desta enerxía limpa e inesgotábel, festexando con un xantar colectivo no que se xuntan preto dun cento de cociñas solares.

Na xornada tamén se visitan o CITIC, un edificio da UDC que se alimenta de enerxía solar grazas ás placas fotovoltaicas da súa cuberta.

Visita guiada por J.M.Giz, Técnico Superior de mantementos da UDC. Inscricións na mesa da OMA situada no Encontro.

esolar21

programa completo da xornada é o seguinte:

10:00 h  Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares
11:30 h  Introducimos a comida nos fornos e cociñas
12:30 h  Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta do CITIC (Punto de encontro: mesa da OMA)
15:00 h  Xantar colectivo e degustación de comida solar*
16:30 h  Recollemos

Como foi nas pasadas edicións?:

Timelapse do V Encontro SolarCrónica do V Encontro solarFotos doutras edicións

Celebra o solsticio de verán apoiando as enerxías renovables!!

Publicado por: Oficina de Medio Ambiente