UDC e Concello de Narón ofrecen axudas para o transporte universitario aos campus da Coruña

Nota de prensa
9/11/18 13:36
  • Institucional

A Coruña, 9 de novembro de 2018.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e a alcaldesa do Concello de Narón, Marián Ferreiro, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para axudas ao transporte dos universitarios naroneses aos campus da Coruña.

No acto estivo presente tamén a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. O convenio, cunha duración de catro cursos académicos incluído o actual, está destinado a axudar cos custos do transporte dos universitarios naroneses que se despracen a diario aos campus da Coruña. Universidade e Concello sufragarán a metade do prezo do billete, a UDC aboará o 30%, o Concello o 20% e o estudante aportará o 50% restante do prezo total.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC