TuriCiencia 2025: "Celebrando o noso patrón"

3/04/25 13:57

TuriCiencia 2025

Os eventos previstos nas Xornadas de TuriCiencia desta semana trasládanse á semana do 5 de maio.


A Facultade de Turismo da Universidade da Coruña organiza un ano máis TuriCiencia, un evento que pon de relevo o papel fundamental dos estudos en turismo na construción dun futuro sostible, innovador e comprometido co territorio. Baixo o lema "Celebrando o noso patrón", o evento contará coa participación de expertos en turismo, xestión cultural e patrimonio marítimo, así como representantes de institucións locais e proxectos innovadores. As xornadas estrutúranse ao redor de mesas redondas, conferencias e actos de recoñecemento ao labor docente e estudantil, subliñando a aposta da Facultade polo impulso académico e profesional no ámbito turístico.

TuriCiencia 2025 non só é un espazo de reflexión e diálogo sobre os retos do turismo actual, senón tamén unha oportunidade para visibilizar o traballo académico e profesional que desde a Facultade de Turismo levamos a cabo día a día. Convidámosche a participar activamente nesta edición, na que xuntos seguiremos construíndo un turismo máis intelixente, inclusivo e sostible.

TuriCiencia 2025

Publicado por: Facultade de Turismo