Toma de posesión de profesorado titular de universidade

Nota de prensa
9/11/18 14:26
  • Institucional

A Coruña, 9 de novembro de 2018.- O pasado día 5 de novembro tomaron posesión da súas prazas como profesores titulares de universidade a docente Renee Depalma Úngaro e o profesor Ricardo Riveiros Santiago, nun acto presidido polo reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, ao que asistiron o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente, Alberto Valderruten, e o secretario Xeral, Carlos Aymerich.

Renee Depalma Úngaro é profesora da área de coñecemento de Didáctica e Organización Escolar, do departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación. Pola súa banda, Ricardo Riveiros Santiago pertence á área de coñecemento de Química Orgánica, do departamento de Química na Facultade de Ciencias.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC