A maior campaña de concienciación sobre a prevención de residuos en Europa leva este ano 2025 o lema "Conecta o valor, desconecta o residuo", quere concienciar sobre as actividades de redución, reparación e reutilización de aparellos eléctricos e electrónicos que poidan ser implementadas por todas as partes afectadas, administracións, empresas, factorías, e persoas a título individual ou en organización social.
Mércores 26 novembro, de 10:00 a 13:00h. ETSE Camiños, Canais e Portos (Campus Elviña), corredor de orlas (andar 0).
Xoves 27 novembro, de 15:30 a 18:00h. no corredor de orlas, andar 0. ETSE Camiños, Canais e Portos (Campus Elviña).
Venres 28 novembro, de 16:00 a 20:00h. na aula -1.5, soto. Edificio de Apoio ao Estudo (Campus Ferrol).
Os dispositivos electrónicos e os aparellos eléctricos definen a vida moderna, pero os residuos que xeran levan consigo unha grande pegada ecolóxica. En 2022, introducíronse no mercado 14,4 millóns de toneladas de aparellos eléctricos e electrónicos e recolléronse 5 millóns de toneladas de residuos electrónicos (11,2 kg de RAEE recollidos por persoa), e case a metade dos RAEE xerados aínda non se recollen. España e outros Estados da UE non alcanzan o obxectivo de recollida establecido na Directiva 2012/19/EU de RAEEs.
Os RAEE conteñen materiais perigosos e recursos valiosos, incluídas materias primas críticas. A recollida, o tratamento e a reciclaxe axeitados son esenciais para previr riscos ambientais e sanitarios, mellorar a eficiencia dos recursos e apoiar unha economía circular.
Fonte: https://ec.europa.eu
Cartaz e programa EWWR 2025 na UDC
Publicado por: Oficina de Sustentabilidade