Science Xpression 2018

11/09/18 12:27
  • Estudantado Congresos, xornadas, conferencias ... Pdi
Cartaz

Este ano celebraremos a sexta edición do Science Xpression do 24 ao 28 de setembro.

Science Xpression é unha actividade organizada polo INIBIC e a UDC que conta co apoio de The Company of Biologist UK, a Sociedade Española de Farmacoloxía, o CICA e o CIMUS.

O programa do Science Xpression inclúe diversas actividades:

1. Un Workshop (24-26 setembro, 16-19h) dirixido a investigadores mozos, predoutorais e postdoutorais. O obxectivo destas sesións é mellorar as capacidades de comunicación oral e escrita no ámbito científico de calquera área de investigación e
disciplina, por iso todas as sesións impartiranse en inglés. Para facilitar a participación de todos os investigadores que o desexen, este Workshop impartirase en dúas sedes distintas: en Santiago de Compostela (CIMUS) a cargo do doutor Mathiu Vinken (Vrije
Universiteit Brussel, Bélxica) e na Coruña (CICA) dirixido pola Dra. Silvia Penuela (The University of Western Ontario, Canadá). A asistencia a estes Workshop é gratuíta e forman parte do “VI Programa de Innovación Educativa da Facultade de Ciencias da
Saúde da UDC”. Para obter o diploma acreditativo é imprescindible inscribirse previamente nesta ligazón e asistir ás tres actividades do Science Xpression (Workshop, conferencias e simposio).

2. Unha sesión de Conferencias que terá lugar o 27 de setembro a partir das 09.00h no Salón de Actos do CICA (A Coruña). Nesta sesión impartirán charlas investigadores procedentes de centros internacionais e especializados no campo da comunicación
celular e a súa implicación en cancro, inflamación e enfermidades dexenerativas como o Alzheimer. Dita actividade é gratuíta e de asistencia libre.

3. Un Simposio, o 28 de setembro a partir das 10 h no MUNCYT da Coruña (pendente de confirmación), onde os mozos investigadores que asistiron ao Workshop, impartirán unha charla sobre o seu traballo (5 minutos) e concederase un premio á mellor presentación oral (cortesía da Sociedade Española de Farmacoloxía). Neste mesmo día tamén se realizarán conferencias a cargo de científicos internacionais de renome. Novamente a actividade é gratuíta e de asistencia libre.

Posto que as sesións de conferencias e simposio só se realizarán na Coruña, concederanse axudas para cubrir os gastos de viaxe aos investigadores mozos que participen no Workshop e que teñan que desprazarse (previa acreditación de asistencia a todas as
sesións impartidas na Coruña). Para máis información, listaxe de conferenciantes, títulos dos relatorios... ver a seguinte ligazón: http://www.gapjunctionconference2018.com e o cartaz do evento.

Esperamos que estas actividades resulten do voso interese.

Publicado por: Science Xpression