Dentro do bloque de actividades denominado "UDC Rutas a pé", desde a Área de Deportes organizamos pequenas rutas, de dificultade baixa ou moderada cunha duración aproximada de 3 ou 4 horas polos diferentes concellos das nosas comarcas, informámosvos da seguinte edición programada.
Data da actividade: sábado 21 de febreiro
Na ruta a pé correspondente ao mes de febreiro, organizamos a ruta Muíños do Batán (Concello de Carral). Trátase dunha ruta de dificultade baixa que, nesta ocasión, terá unha duración aproximada de 3 horas e 30 minutos.
O horario da actividade será das 10:00 ás 14:00
A inscrición para esta actividade estará aberta a partir dos seguintes días:
A oferta será de 35 prazas.
Preme AQUÍ para coñecer os detalles da ruta
Publicado por: Servizo de Deportes