Roteiro polo trazado do poliduto que rodea á cidade desde o porto petroleiro ata a refinería, unha franxa de espazo libre que atravesa diferentes barrios e condicións urbanas da Coruña: ámbitos de bordo non consolidados, tecidos residenciais do século XX, áreas industriais e terciarias, núcleos de orixe rural e grandes infraestruturas de comunicación.
Durante o percorrido, comentaránse as diferentes situacións urbanas visitadas, prestando especial atención aos usos formais e informais que acolle e aos tipos de espazos que se crean sobre o poliduto a partir do diálogo e grao de integración coa súa contorna inmediata.
A hipótese principal que guiará o roteiro é que camiñaremos por un espazo urbano contemporáneo e verdadeiramente excepcional, un lugar que cumpre coñecer fondamente antes de formular ideas para a súa futura transformación cando o poliduto deixe de estar en funcionamento.
A exposición "Camiño Negro" de Damián Ucieda pódese visitar en NORMAL, de luns a venres, de 11,00 a 21,30 h.
Data: Sábado 22 de maio de 2021.
Lugar e hora da saída: Fonte do parque de San Diego (10:00h).
Lugar e hora de finalización: Agrela (14:30 - 15:00h).
Acompañamento e comentarios: Iago Carro / Ergosfera.
Por causa da situación sanitaria, o número máximo de inscritos é de 30 persoas, que para asistir terán que encher o formulario cos seus datos na seguinte ligazón: Inscrición. Roteiro "Camiño Negro"

Publicado por: Cultura