A Coruña, 16 de novembro de 2023.- A Universidade da Coruña vén de facer pública a proclamación de Ricardo José Cao Abad e Fermín Luis Navarrina Martínez como candidatos provisorios a reitor das vindeiras eleccións, que serán o día 4 de decembro.
De acordo co calendario electoral, as candidaturas serán definitivas, logo do período de reclamacións, o día 22 de novembro. Ao día seguinte, 23 de novembro, abrirase a campaña electoral que se estenderá ata o día 1 de decembro.
As eleccións, o día 4 de decembro, serán telemáticas en horario de 10:00 a 19:00 horas. Poderán votar mediante elección directa e sufraxio universal, os membros da comunidade universitaria -profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos-. Están chamados á urna dixital un total de 18.760 votantes.
O voto para a elección de Reitor será ponderado de conformidade coas seguintes porcentaxes:
Máis información en:
https://udc.gal/gl/goberno/equipo_reitoral/secretaria/documentos/eleccions/reitoria2023/
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC