Preto de 400 estudantes de 4 a 16 anos de Galicia e Asturias participan na FIRST LEGO League que organiza a Universidade da Coruña este sábado

Nota de prensa
13/02/20 14:47
  • Institucional

 

Ferrol, 13 de febreiro de 2020.  O Auditorio de Ferrol acolle, este sábado 15 de febreiro, de 08:30 a 15:00 horas, unha nova edición da FIRST LEGO League Galicia na que participan un total de 49 equipos (29 na categoría FLL, 14 na FLL Junior e 6 na FLL Junior Discovery) e preto de 370 mozos e mozas de Galicia e Asturias. Como novidade, nesta edición 2019/20, inclúese unha nova categoría: a FLL Junior Discovery dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 6 anos. Á fronte deste proxecto está o profesor da Universidade da Coruña, José Antonio Becerra Permuy.

 

Programa xeral do evento:

De 08:30 a 09:00 horas: Entrada dos equipos e rexistro.

De 09:00 a 09:30 horas: Entrada dos pais/nais ou familiares

De 09:15 a 09:30 horas: Reunión cos adestradores

De 09:35 a 09:50 horas: Cerimonia de inauguración

De 10:00 a 13:55 horas: Presentación de proxectos, valores e deseño do robot

De 10:05 a 14:10 horas: Xogo do Robot

De 14:20 a 15:10 horas: Cerimonia de entrega de premios

 

Como cada ano, colaboran nesta iniciativa Santander Universidades, a Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Ferrol e o Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño. Ademais, patrocinan a FIRST Lego League Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), GADIS, R, Error Ferrol!, PuntoGal, Neodyn, TodoOcio e Lidl.

 

Que é a FIRST LEGO League?

A FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas, de entre 10 e 16 anos, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación. Este desafío está conformado por tres ámbitos de traballo:

  • Deseñar, construír e programar un robot.
  • Desenvolver un proxecto científico que dea solución a un problema proposto por eles mesmos.
  • Demostrar uns valores de equipo.

 

A FIRST LEGO League ten unha dobre misión:

  • Fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre os máis novos.
  • Desenvolver habilidades e competencias de futuro.

 

O DESAFÍO FIRST LEGO League en España

Desde o ano 2006, a FIRST LEGO Leaque está impulsada en España pola Fundación Scientia, unha entidade sen ánimo de lucro que promove vocacións científicas, tecnolóxicas e o desenvolvemento de competencias e habilidades do século XXI entre os participantes.

A FIRST LEGO League conta coa colaboración do 20% das universidades de España, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación (Socios FIRST LEGO League) que traballan en máis de 32 cidades do territorio español e que aglutinan a máis de 2.800 voluntarios.

A FIRST LEGO League, a día de hoxe, está presente en 13 comunidades autónomas e participan 17.500 mozos e mozas de todo o territorio e mais do Principado de Andorra. España é o terceiro país do mundo en número de participación de equipos e o primeiro país de Europa.

 

 

 

Como funciona a FIRST LEGO League?

Cada tempada, a FIRST LEGO League convida aos equipos participantes a descubrir a diversión e a emoción pola ciencia e a tecnoloxía propoñéndolles un desafío, a nivel global, relacionado cun problema do mundo actual.

Este desafío responde sempre a un problema da actualidade e os participantes, organizados por equipos e cun adestrador, investigan e desenvolven a súa proposta de solución.

A través do DESAFÍO CITY SHAPER os equipos que participan na edición 2019/20 deben observar como as cidades e os edificios medran, evolucionan e cambian. Os mozos e mozas deben atopar solucións innovadoras para poder construír unha contorna duradeira na que vivir e traballar botando man das ferramentas e tecnoloxía actual.

Os equipos teñen que resolver este desafío en tres áreas de traballo:

  • O Proxecto Científico. Un proxecto científico que explique e detalle a súa solución innovadora como opción de mellora ao problema proposto.
  • O Xogo do Robot. O deseño, construción e a programación dun robot LEGO MINDSTORMS Education que terá que superar divertidas misións nun taboleiro de xogo relacionado co desafío.
  • A integración dos valores FIRST LEGO League. Mentres os equipos desenvolven o Proxecto Científico e o Xogo do Robot, integran os valores FIRST LEGO League: descubrimento, innovación, impacto, inclusión, colaboración e diversión.

 

Como participa un equipo na FIRST LEGO League?

Os participantes crean un equipo, de entre 2 e 10 membros, de 10 a 16 anos.

Durante tres meses preparan o desafío FIRST LEGO League e organizan a súa propia micro FLL no centro educativo ou asociación. A participación nunha micro FLL dá acceso aos Torneos Clasificatorios FIRST LEGO League.

Nesta edición 2019/20, celebraranse 40 Torneos Clasificatorios FIRST LEGO League por todo o territorio español, con 2.800 voluntarios, e presentaranse máis de 2.100 robots e proxectos científicos distintos. Os gañadores dos Torneos Clasificatorios FIRST LEGO League chegarán á GRAN FINAL FIRST LEGO League España que terá lugar en Tenerife os días 28 e 29 de marzo. De todos os participantes, algúns dos equipos terán a oportunidade de viaxar a distintas cidades do mundo para participar nos Torneos Internacionais FIRST LEGO League.

 

Que é a FIRST LEGO League Junior?

A FIRST LEGO League Junior é un programa internacional dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos, centrado na promoción da ciencia e da tecnoloxía, para captar a curiosidade dos máis pequenos e dirixila cara o descubrimento e a mellora do mundo que os rodea.

Por equipos, de entre 2 a 6 participantes, os máis pequenos deseñan e constrúen unha maqueta con pezas LEGO e preparan un póster ilustrativo do seu traballo. Un póster que presentan diante do público asistente aos EVENTOS FIRST LEGO League Junior que se organizan nos tornos clasificatorios e na Gran Final.

No desafío desta tempada 2019/20, BOOMTOWN BUILD, os equipos viaxarán ata Boomtown, unha cidade onde explorarán as necesidades e retos da comunidade. Observando a contorna, os nenos e nenas participantes botarán man da súa imaxinación para resolver un problema e crear un edificio onde sexa máis sinxelo e agradable vivir.

 

Que é a FIRST LEGO League Junior Discovery?

 

A FIRST Lego League Jr. Discovery é un programa introdutorio á ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e ás matemáticas (STEM), dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 6 anos. O programa estimula a súa curiosidade natural ampliando os seus coñecementos e desenvolvendo novos hábitos de aprendizaxe. Os participantes tamén desfrutan do DESAFÍO BOOMTOWN BUILD.

 

Josep M. Piqué, embaixador do Desafío CITY SHAPER

 

Na edición 2019/20, a FIRST LEGO League España conta con Josep M. Piqué como embaixador do DESAFÍO CITY SHAPER.

Josep M. Piqué é o presidente de La Salle Technova Barcelona e director de Internacionalización e Innovación de La Salle – Universitat Ramon Llull. Foi conselleiro delegado do 22@ e presidente da International Association of Science Parks and Areas of Innovation (IASP).

 

A FIRST LEGO League en Galicia

A Universidade da Coruña organiza por sexto ano consecutivo a FIRST LEGO League Galicia. O torneo terá lugar o vindeiro sábado, 15 de febreiro, no Auditorio Municipal de Ferrol. Por cuestións de espazo, botarase man de varias salas do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño para levar a cabo algunhas das actividades.

 

Listaxe FIRST LEGO League Galicia

Equipo

Nome

Colexio

1

Montecastelo Litte Bot

Colexio de Fomento Montecastelo – Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

2

Las Acacias Bot

Colexio de Fomento Montecastelo – Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

3

STEAM GIRLS Las Acacias

Colexio de Fomento Montecastelo – Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

4

EFIGY FIRST Las Acacias

Colexio de Fomento Montecastelo – Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

5

Electrones

Colexio Internacional Eirís (A Coruña)

6

THE WALLIES

Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

7

MEGA BUILDER TEAM

MEGA Riveira (Riveira, A Coruña)

8

RECIBÓTICA

CEIP Recemil (Ferrol, A Coruña)

9

Lantanoides

Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)

10

Cuca y La Panda

Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)

11

Optimus Prime

Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)

12

C3Club

IES Ricardo Carballo Calero (Ferrol, A Coruña)

13

Ecorunners

IES Virxe do Mar (Noia, A Coruña)

14

Robotbois

IES Catabois (Ferrol, A Coruña)

15

Robotrafics

CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)

16

Ozono

CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)

17

Planet B

CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)

18

Captiológicos

CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)

19

FrouxiMakers

CPI de Atios (Valdoviño, A Coruña)

20

ROBOT CITY POBRA

CEP Salustiano Rey Eiras ( A Pobra do Caramiña, A Coruña)

21

Hackzapos

GAZAPO.GAL (Narón, A Coruña)

22

Canibots

IES Canido (Ferrol, A Coruña)

23

INFINITY MONTESPIÑO

Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)

24

AnonymousBot

IES Fene (Fene, A Coruña)

25

StrangerBot

IES Fene (Fena, A Coruña)

26

OBSESSION

IES Rego de Trabe (Culleredo, A Coruña)

27

PDG Diamonds

Palacio de Granda (Granda - Siero, Asturias)

28

E-Constractors

Colexio Plurilingüe Santa María (Ourense)

29

New Ouren

Colexio Plurilingüe Santa María (Ourense)

 

 

Listaxe FIRST LEGO League Junior

Equipo

Nome

Colexio

1

THE ARCHITECTS

Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

2

CONSTRUCTORS

Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

3

THE BUILDING CONSTRUCTORS

Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

4

MEGA BUILDER TEAMS JR

MEGA Riveira (Riveira, A Coruña)

5

Robocity

CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)

6

Drónpolis

CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)

7

Hologramers

CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)

8

Winders

CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)

9

ROBOT CITY POBRA JR

CEP Salustiano Rey Eiras ( A Pobra do Caramiña, A Coruña)

10

Robogazapines

GAZAPO.GAL (Narón, A Coruña)

11

Xuvibots

GAZAPO.GAL (Narón, A Coruña)

12

CEP Sequelo

CEP Sequelo (Marín, Pontevedra)

13

LEGO BUILDERS

Universidade da Coruña (Ferrol, A Coruña)

14

Las Supermegaconstructoras

Universidade da Coruña – Escola Politécnica Superior (Ferrol, A Coruña)

 

Listaxe FIRST LEGO League Junior Discovery

Equipo

Nome

Colexio

1

Pitufos ingenieros

Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

2

Diminutos ingenieros

Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

3

Ingenieros estrellas

Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

4

Legueros ingenieros

Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

5

MEGA BUILDER TEAM DISCOVERY

MEGA Riveira (Riveira, A Coruña)

6

LEGOSAKUS

Universidade da Coruña (Ferrol, A Coruña)

 

Premios

  • Primeiro Premio Fundación Scientia ao Gañador
  • Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador

 

Estes dous equipos clasifícanse para a GRAN FINAL FIRST LEGO League España que terá lugar en Tenerife os días 28 e 29 de marzo.

 

  • Primeiro premio Dragados ao Proxecto de Innovación
  • Primeiro Premio Concello de Ferrol ao Valores FIRST
  • Primeiro Premio Santander Innovación ao Deseño do Robot
  • Primeiro Premio Deputación da Coruña ao Comportamento do Robot
  • Premio IGAPE ao Emprendemento
  • Premio LEGO Education ROBOTIX ás Novas Promesas
  • Segundo Premio Gabadi ao Proxecto de Innovación
  • Segundo Premio aos Valores FIRST
  • Segundo Premio ao Deseño do Robot
  • Premio ao Adestrador

 

Na última edición da FIRST LEGO League Galicia, o equipo Las Acacias BOT do Colexio Fomento Las Acacias de Vigo gañou o campionato e viaxou ata Tenerife para disputar a final nacional. Fíxoo acompañado do equipo EMOTIONAL TRICKS do CPI A Xunqueira de Fene como segundo clasificado.

Na Gran Final FIRST LEGO League España Las Acacias BOT conseguiu o Primeiro Premio GMV á Estratexia e Innovación o que os clasificou para participar nunha das finais internacionais que organizan en distintas partes do mundo. Pola súa banda, os EMOTIONAL TRICKS acadaron Segundo Premio á Inspiración neste certame.

Na FINAL INTERNACIONAL de Montevideo (Uruguai), o equipo do Colexio Fomento Las Acacias de Vigo acadou o Terceiro Premio ao Deseño do Robot.

Na edición 2018/19, o equipo Waterbot do IES de Fene ( A Coruña) conseguiu o Premio Fundación Scientia ao Gañador e clasificouse para a GRAN FINAL FIRST LEGO League España que tivo lugar en Logroño en marzo de 2018. Nesta ocasión, os estudantes enfrontáronse ao DESAFÍO HYDRO DYNAMICS no que se afondaba sobre o ciclo humano da auga.

O equipo dos Fire Detectors do CPI A Xunqueira (Fene, A Coruña) resultou gañador do DESAFÍO ANIMAL ALLIES na edición 2016/17. Os Tecnorois do CPI Dos Dices (Rois, A Coruña) acadaron este mesmo galardón no DESAFÍO TRASH TREK en 2015/16. Por último, os gañadores da primeira edición foron os XUNQUEIROBOT do CPI A Xunqueira (Fene, A Coruña) co DESAFÍO WORLD CLASS.

 

Máis información nas RRSS da FIRST Lego League Galicia:

 

Facebook: https://www.facebook.com/firstlegoleaguegalicia/

Twitter: https://twitter.com/fllgalicia

Instagram: https://www.instagram.com/fllgalicia/

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC