O pasado día 20 de decembro a profesora María Jesús Lorenzo Modia, prologista e colaboradora no proceso de edición desta tradución ao galego da obra Dúas Comedias achegounos á autora orixinal deste valioso traballo literario datado no século XVIII, Frances Burney. Este libro xa está dispoñible á venda en 2 volumes deseñados e maquetados por Julia Núñez Calo, creadora da coidada apariencia desta nova colección da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor dirixida por Teresa López.
Para esta presentación contouse coa colaboración da Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte, Cristina López Villar e a Directora do Servizo de Publicacións da UDC, Nieves Pena Sueiro.
Publicado por: Servizo de Publicacións