Presentación en Ferrol do curso de verán Carlos Gurméndez

Nota de prensa
15/06/18 13:45
  • Institucional

A Coruña, 15 de xuño de 2018.- O vindeiro luns, 18 de xuño, ás 12:00 horas presentarase na Sala de Xuntas da Vicerreitoría do Campus de Ferrol a 21 edición do Curso de Pensamento e Comunicación Carlos Gurméndez que organiza o Club de Prensa de Ferrol coa colaboración da Universidade da Coruña. 

Na rolda de prensa estará a vicerreitora Araceli Torres, a presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Julia Díaz, o director do curso e profesor de Filosofía na UDC, Alberto Sucasas, e a coordinadora do mesmo, Esperanza Piñeiro.

Nesta edición, o curso de pensamento e comunicación está dedicado ao estudo da Constitución Española. Terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo no salón de actos Concepción Arenal do campus ferrolán.

Publicado por: Gabinete de comunicación da UDC