Presentación do Mestrado en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos

23/09/25 14:57

Presentación Mestrado Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos

Na xornada do 9 de setembro celebrouse unha sesión informativa dirixida ao alumnado de cuarto curso de Grao, na que se deu a coñecer a oferta do Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos, que se imparte na Facultade de Turismo da Universidade da Coruña.

O coordinador do programa, o profesor Eduardo Guillén, presentou a estrutura académica do Mestrado —dispoñible na páxina web da Facultade— e explicou as principais saídas profesionais vinculadas con esta titulación, que prepara ao estudantado para desenvolver a súa carreira no ámbito da xestión e planificación turística.

Presentación máster 2025

Publicado por: Facultade de Turismo