Obradoiro: Ecoauditoría da auga na casa e nos centros da UDC

5/11/18 10:39
  • Medio ambiente

14 de novembro, 12:30 h

Seguindo a metodoloxía das auditorías dirixidas á minimización, este obradoiro busca coñecer as actividades e os lugares onde se consume maior cantidade auga, as súas causas e formas de reducir ese consumo.

Data e hora: 14 de novembro de 12:30 a 14:30h.

Lugar: Cufie Aula 1. Ed. Xoana Capdevielle.

Inscrición (prazas limitadas): oma2@udc.gal

Recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC (1C=10h)

Para este recoñecemento poderanse completar até as 10h con traballo autónomo en auditoría de auga.

Organiza Oficina de Medio Ambiente OMA-UDC

Proxecto UDC+Fundación Alcoa

Participa e fai do teu fogar e da UDC lugares mais sustentábeis!

Descarga o cartaz

Publicado por: Oficina de Medio Ambiente