O reitor asina un convenio de colaboración coa alcaldesa de Narón para o transporte dos universitarios aos campus da Coruña

Nota de prensa
8/11/18 12:39
  • Institucional

A Coruña, 8 de novembro de 2018.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e a alcaldesa do Concello de Narón, Marián Ferreiro, asinarán mañá, venres, 9 de novembro, un convenio de colaboración de axudas ao transporte dos universitarios naroneses aos campus da Coruña.

O acordo será suscrito no Concello de Narón, no segundo andar, ás 11:00 horas. Terá vixencia de catro anos académicos a contar desde o curso actual.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC