A Coruña, 5 de abril de 2017.- O xurado dos Premios que concede a Asociación Científico-Técnica del Hormigón Estructural (ACHE) decidiu conceder a Medalla da Asociación ao profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos Fernando Martínez Abella, catedrático de universidade e coordinador do grupo de investigación gCONS, Grupo de Construción.
Trátase da maior distinción que concede esta Asociación e outórgase a aquelas persoas cunha traxectoria profesional relevante no campo da enxeñaría estrutural. A entrega da Medalla terá lugar no VII Congreso Trienal de ACHE que se celebrará na Escola da UDC do 20 ao 22 de xuño. Neste congreso, que traerá á Coruña a máis de 500 expertos na materia de todo o mundo, daranse a coñecer os avances, estudos e realizacións recentes no ámbito estrutural en Edificación e Enxeñaría Civil e Industrial. Tamén serve como expositor das actividades da asociacións a todos os seus membros.
Sobre gCONS
O Grupo de Construción creouse en paralelo ao desenvolvemento da ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da UDC, centra a súa investigación na área da Enxeñaría da Construción. Actualmente é un dos grupos máis activos da UDC. Está adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil, CITEEC, e está especializada no ámbito do formigón estrutural. Entre as súas capacidades destaca a realización de análises teóricas, experimentais e numéricas sobre materiais, elementos prefabricados, edificación, reciclaxe de residuos, procedementos e elementos construtivos, así como a posibilidade de realizar ensaios estruturais a grande escala.
Máis información:
http://e-ache.com/modules/smartsection/item.php?itemid=221
http://www.gcons.udc.es/
Publicado por: Gabinete de comunicación