O profesor José María Paz Gago, novo vicepresidente para Europa da Asociación Internacional de Semiótica

Nota de prensa
18/09/19 12:29
  • Institucional

A Coruña, 18 de setembro de 2019.- O Comité Executivo da International Association for Semiotic Studies (IASS/AIS), reunido en Bos Aires con ocasión do seu XIV Congreso mundial, elixiu ao profesor da Universidade da Coruña José María Paz Gago como novo vicepresidente para Europa, en substitución da profesora Anne Hénault, da Universidade da Sorbona-Paris IV.

Xunto ao catedrático da UDC, entran a formar parte da Xunta directiva do IASS o chinés Jie Zhang, de Nanjing University, e a colombiana Neyla Pardo, da Universidad Nacional de Colombia, como vicepresidenta para América.

Fundada en París en 1968 por personalidades como Umberto Eco ou Julius A. Greimas, a Asociación Internacional de Semiótica, que se ocupa do estudo dos sistemas de comunicación e significación, celebrará en Tesalónica, Grecia, o seu próximo congreso mundial.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC