O profesor José Luis Tasset tomou posesión da súa praza de catedrático de Universidade

Nota de prensa
10/10/18 14:28
  • Institucional

A Coruña, 10 de outubro de 2018.- O profesor José Luis Tasset Carmona, da área de coñecemento de Filosofía Moral, departamento de Humanidades, que imparte docencia na Facultade de Humanidades e Documentación, tomou posesión onte da súa praza de catedrático de Universidade nun acto na Reitoría presidido polo reitor, Julio Abalde.

Ao acto asistiron tamén o secretario Xeral da UDC, Carlos Aymerich, o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente, Alberto Valderruten, así como a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, a decana da Facultade de Humanidades e Documentación, Manuela Santos, e o profesor José Leira.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC